O Concello de Viana do Bolo durante o 2023

Andrés Montesinos, alcalde de Viana Do Bolo
O alcalde, Andrés Montesino, tamén desvela cómo será o 2024

O Concello de Viana do Bolo tiña un orzamento de 1.800.000€ para este ano 2023. Con este investimento arranxaron: camiños forestais, dúas estradas, mellorado o asfalto de varios pobos e puxeron luces led. 

Tíñase previsto terminar tanto dúas estradas máis. A de Fornelos de Filloás aínda terá que esperar un pouco máis, xa que o tempo non permitiu comezar coas obras. Pero a de San Agustín sí que se puido finalizar.  

O alcalde tamén quere coidar aos seus maiores, por tanto está a tentar darlles máis servizos e, así, poder atender á maioría. 

Melloras para un bo deporte

Alberto Montesinos, alcalde de Viana do Bolo, pon foco no deporte: «Axudamos aos federados de aquí, tanto de fútbol sala como o de maiores. Temos escolas deportivas, temos un pouco máis de 100 nenos e nenas con diferentes clases deportivas».  

O tellado do pavillón tamén se viu restaurado. Esta obra foi realizada grazas a unha subvención da Xunta de Galicia. «Levaba 30 anos sen tocarse e agora está en perfectas condicións», explica Montesino. Máis adiante tentarase puír o piso.

Doutra banda, está a pista de multideportes en O Ferradal, da que se comezaba a falar en novembro, onde comezarán as obras en breve.  

Equipo Vianariño

Durante este ano tamén se fixo a I Ruta Cicloturista. Con esta iniciativao que se pretendía era promover unha vida saudable, pero tamén poder unir aos máis pequenos coas persoas máis maiores que se atopan nos centros residenciales. 

A mina de Penouta

A finales de este ano, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou os recursos presentados pola Xunta de Galicia e a empresa Strategic Minerals e mantense, por iso, o peche provisional do permiso para a sección C da Mina de Penouta, concedido a Strategic Minerals en maio do pasado ano, pola denuncia de Ecoloxistas en Acción.

Manifestación pola Mina de Penouta

O 2024 en Viana do Bolo

«Imos tentar seguir mellorando en todos os pobos que nos falta», di o alcalde. Tense previsto a construción dun centro de día, para seguir axudando ás persoas máis maiores do Concello.

Tamén se sigue co deporte, tense previsto facer unha pista de pádel cuberta. E, algo que «piden moito os xogadores é herba artificia. Esto farase coa Xunta, a Deputación e o Concello», explica Andrés Montesinos.