miércoles. 15.10.2025

O Concello de Viana do Bolo sinaliza unha praza reservada para garantir a mobilidade dun veciño en cadeira de rodas

A sinalización permite garantir que a praza sexa utilizada só por persoas con mobilidade reducida
somoscomarca_20251014_viana_silladeruedas1765
O Concello de Viana do Bolo sinaliza unha praza reservada para garantir a mobilidade dun veciño en cadeira de rodas

O Concello de Viana do Bolo procedeu a sinalizar, de forma vertical e horizontal, unha praza de estacionamento reservada fronte á saída cara á rúa dun veciño en cadeira de rodas. 

Con esta actuación, búscase garantir que o espazo permaneza libre para o seu uso exclusivo por persoas con mobilidade reducida, facilitando que o veciño poida entrar e saír con autonomía e seguridade. Dende o goberno local fan un chamamento ao respecto destas sinais «para que o noso veciño dispoña da súa liberdade de movementos».

«Seguimos a facilitar e mellorar a vida da nosa xente», engaden dende o Concello, que continúa avanzando en medidas destinadas a facer de Viana do Bolo un municipio máis accesible e inclusivo.

O Concello de Viana do Bolo sinaliza unha praza reservada para garantir a mobilidade...