lunes. 05.12.2022

O BNG denuncia o "estado calamitoso" da OU-0701 ao chegar a Viana do Bolo

Bernardo Varela demandará na Deputación de Ourense que a vía OU-0701 teña a mesma calidade que nos concellos veciños

somoscomarca_bng_varela_viana_2022-11-16
O BNG denuncia o "estado calamitoso" da OU-0701 ao chegar a Viana do Bolo

O voceiro do grupo provincial do BNG na Deputación de Ourense visitou Viana do Bolo para por de manifesto o mal estado da estrada que comunica Vilariño de Conso con Trives, no seu paso por Viana do Bolo.  

"Curiosamente no km 26, vindo desde Vilariño de Conso ao chegar a Viana o asfalto cambia e desaparece parte da capa de rodadura pasando case a estar nun camiño de cabras". Varela pon de manifesto que o BNG  levara está situación á Deputación, que é a responsable desta estrada, para que esta vía teña a mesma calidade na capa de rodadura en Viana do Bolo que en Vilariño de Conso. 

Tal é como manifesta  Secundino Fernárndez, voceiro do BNG de Viana do Bolo, a estrada de Vilariño de Conso a Trives, é unha das principais estradas que comunica varias parroquias de  Viana do Bolo cos concellos veciños  e coa núcleo de Viana pero que se  atopa nun estado calamitoso unha vez que chega a Viana do Bolo. "É unha estrada na que se ampliou o espazo para que puidera haber maior capacidade de tráfico, pero unha vez feitos os desmontes, nunca se fixo o  asfaltado desa zona"

O BNG denuncia o "estado calamitoso" da OU-0701 ao chegar a Viana do Bolo