domingo. 08.06.2025

Os vellos romances serán protagonistas no VII Festival Medieval

A Deputación e o Concello de Viana do Bolo organizan esta nova edición na Praza Maior do municipio 

P_somoscomarca_240325_vianadobolo_presentaciónfestivalmedieval
Os vellos romances serán protagonistas no VII Festival Medieval

A Deputación de Ourense e o Concello de Viana do Bolo organizan a sétima edición do Festival Medieval que se celebrará o vindeiro sábado, 30 de marzo, na Praza Maior da localidade vianesa. Ademais, poderá seguirse o festival vía streaming a través da web da Deputación de Ourense.

Esta será unha nova edición deste certame musical que reunirá a un cento de artistas que achegarán os vellos romances medievais ás Terras do Bibei. O deputado provincial José María Lago coñeceu, no Pazo Provincial, os detalles deste evento cultural da man do director da Escola Provincial de Gaitas, Xosé Lois Foxo; e do alcalde de Viana do Bolo, Andrés Montesinos.

O festival, en memoria do Gaiteiro das Terras do Bibei, Albino Pérez Fernández "O demo de Quintela", contará coa actuación especial de Iria Estévez escenificando á raíña Urraca. O certame comezará a partir das 18:00 horas coas actuacións de diversos artistas e grupos que interpretarán vellos romances líricos que son relatos da historia.

Actuarán os trompetistas á usanza medieval, o Grupo Tómalle Outra de Viana, e os artistas: Daniel García de la Cuesta de Asturias, Jacinta Fernández Alonso de Lentellais, Branca Villares de Músicas da montaña de Lugo, Rogelio de Aceveda, Fiuca de Trives, Iria Estévez coas cantareiras da Real Banda que interpretarán Romance de Dona Urraca, Digna de Vilanova de Trives, Óscar Ibáñez de Poio-Pontevedra, Blandina de Cotarós, Amparo do Bao e pechará unha vez máis o festival a Real Banda coa Coral Candea de Viana.

Os vellos romances serán protagonistas no VII Festival Medieval