viernes. 19.04.2024

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda inicia mañá as obras de rehabilitación de firme en treitos localizados da estrada OU-504, OU-536 e OU-901, nos concellos de A Proba de Trives, San Cristovo de Cea, Vilamarín, e a Beade coa fin de incrementar a súa seguridade. As obras consistirán no fresado e reforzo do firme nestas estradas e teñen un prazo de execución de 6 meses, que se tentará acurtar para que estean rematadas no outono.

OU-536

Realizaranse traballos de rehabilitación de firme mediante o fresado da capa de rodadura existente en toda a sección transversal nos puntos quilométricos 68+950 a 71+225, na travesía da Pobra de Trives.

OU-901

A continuación realizaranse as obras de rehabilitación de firme entre os puntos quilométricos 0+471, en Agrela (concello de San Cristovo de Cea), e 8+450, en San Martiño (concello de Vilamarín). Neste tramo da estrada existen a súa vez tres subtramos nos que o firme está afundido na zona da rodeira polo que estenderase unha nova capa de rodadura nunha lonxitude de 3.100 metros para reparalo.

OU-504

Por último, nesta estrada levaranse a cabo as obras de rehabilitación de firme nos puntos quilométricos 3+465, onde remata a travesía de San Cristobo (Concello de Beade), e a  26+475, na intersección N-525 en San Cristovo de Cea. Neste tramo realizaranse as reparacións unicamente nos tramos que presentan deformacións, mediante fresado e reposición de firme en zonas puntuais.

Plan de Reforzos de Firme

Estas actuacións forman parte do Plan de reforzos de firme co que a Consellería de Infraestruturas e Vivenda mellorará case 600 quilómetros de estradas de titularidade autonómica, a través dun investimento de máis 23 millóns de euros.

O Goberno galego continúa a traballar no obxectivo prioritario de conservar a rede viaria autonómica en óptimas condicións coa fin de incrementar a seguridade viaria e proporcionar

A Xunta inicia as obras de reforzo do firme en varios treitos da estrada OU-504