viernes. 19.04.2024

Dende o consistorio ofertan un programa de verán relacionado ca tradición e eventos culturais

O Concello de Manzaneda ven de preparar un programa de verán que incluen actos culturais e tamén onde a tradición manda. Todo nunha época onde a covid volveu a facer acto de presencia no propio municipio ao contar na actualidade con 2 casos activos pola enfermidade.

As actividades deron comezo a pasada fin de semana ca actuación polas rúas da vila de "Airiños de Portela" o tradicional grupo de gaitas valdeorrés, deleitou a veciños e visitantes cas súas pezas para non olvidar o ambiente festivo do verán.

Este mércores comeza "Obradoiro de empoderamento a través da creatividade" que terá 4 datas. 21 e 28 de xullo, 9 e 12 de agosto de 17:00 a 19:00 horas na Biblioteca Municipal.

O vindeiro 29 de xullo haberá nas piscinas unha mostra de música e baile tradicional. Esto será o preludio dunha fin de semana onde o sábado 31 serán os "Cantos de Seitura" na Praza da Liberdade. Despois de 2 anos levaráse a cabo este acto tradicional que é organizado polo director da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense, Xose Lois Foxo.

Un día máis tarde, en Cabeza Grande, será o Certáme Celtibérico de Gaitas. A película "Cuñados" será emitida no patio do Colexio o día 5. O día 9 haberá inchables e Festa da Escuma na pista da piscina municipal.

A tradición volverá a invadir a vila o luns 9 co IV Aberto de Billarda. Apenas 2 días despois emitiráse a longametraxe "Entre pastores y lobos" no patio do Colexio e xa en setembro botaráse o documental que inclúe coloquio "En deuda con todas".

Un verán de tradición en Manzaneda