jueves. 18.04.2024
Torre do Reloxo de Trives

Están programadas desde os distintos servizos do concello e asociacións e ofrecen desde ocio a deporte, sen olvidar a cultura

Desde o Concello de Trives coa colaboración das asociacións da vila programáronse unha serie de actividades para  facer un verán diferente, entretido, divertido e para todos os públicos.

No  presente mes de xullo e, con algunha actividade iniciada, desde o concello da Pobra de Trives sacan un programa de actividades para o que queda de mes,  e tamén para os vindeiros agosto e setembro.



«Os mércores estarán cargados de natureza, sendeirismo e teatro», aseguran desde o concello. «Por un lado contaremos con rutas de sendeirismo familiar de dificultade baixa para que a veciñanza da vila e os turistas que nos visiten nesas datas poidan dar un paseo en pleno contacto coa natureza coñecendo os recuncho máis fermosos que nos rodea», sinálase desde o ente local. Estas rutas serán matutinas. Comezarán ás 9:00 horas e realizaranse  o 17 e 31 de xullo e 14 de agosto. As inscricións, na Oficina de Turismo ata o día antes da ruta, e son de balde.

Imaxe dos «Sendeiros nocturnos teatralizados»

Celebrarase unha nova edición de sendeiros nocturnos teatralizados. «Un teatro no que participan con ganas e ilusión, ademais de traballadores do concello, veciños do pobo dándolle así un punto máis entrañable». Serán os mércores 24 de xullo e 7 de agosto. O prezo é de 3€ e nelas as prazas son limitadas —100 persoas—, sendo as inscricións, tamén,  na Oficina de Turismo.

Os lectores e lectoras terán a súa cita cada mércores ás 12 da mañá nas terrazas da zona vella. Para anotarse deben dirixirse á Oficina de Turismo.

O cine tamén está presente este verán de Trives e xa comezou a primeiros de xullo coas súas proxeccións. En agosto as proxeccións serán o  8 e 21 ás 22:30h no Auditorio Julio Vázquez.



O venres 26 de xullo no Auditorio Julio Vázquez ás 20:30h, Isabel Risco presentará o  monólogo-comedia «Nabiza Girl» . Humor máis puro estilo galego. «Un bo e completo espectáculo cunha posta en escena moi teatral e un ritmo trepidante», aseguran desde o Concello. As entradas estarán á venda desde unha hora antes do espectáculo en taquilla no propio Auditorio e teñen un prezo de 5 €. As prazas son limitadas.

Un dos eventos máis fortes do verán é a Festa da Bica que terá lugar na fin de semana do 27 e 28 de xullo con un completo programa de actividades.«Outro clásico dos nosos veráns son as Xornadas de Folclore, que chega á Pobra de Trives o martes 6 de agosto. O espectáculo será ás 22:30h. no Patio Santa Leonor.

Festa da Bica o pasado ano

O pianista trivés, residente na actualidade nos EE.UU., Fabio Álvarez, dará un concerto solidario de piano o sábado 10 de agosto ás 20:00h, no Auditorio Julio Vázquez. As entradas teñen un prezo de 5€ e o total da recadación será destinado á Asociación Española Contra o Cancro. O aforo é limitado. As entradas estará á venda na Oficina de Turismo, Librería Estampero e Librería Mi Libro. Tamén haberá Fila 0. Ao remate do mesmo, os asistentes serán obsequiados cuns petiscos no propio auditorio.



O luns, día 12, o propio Fabio Álvarez impartirá unha Master Class para alumnos de piano, esta será no Auditorio Julio Vázquez e a matrícula será gratuíta. Para inscribirse deben facelo no teléfono 696252517.

Día da bicicleta

Unha cita que nunca pode faltar no verán trivés é o Día da Bici, que este ano se celebrará na mañá do 11 de agosto. «As familias reúnense para pedalear xuntos polo noso territorio».

Carreira San Bartoliño o pasado ano

Ás Festas do San Bartolomé son o 24 e 25 de agosto. O sábado 24, desde a área de deportes, organízase novamente a Carreira San Bartoliño para nenos e nenas.

Durante todo o mes de agosto poderase desfrutar da Exposición Recuperart” de Joaquim Riela na Sala de Exposicións de Santa Leonor, do 2 ao 17 de agosto. Do 19 de agosto ao 22 de setembro, Exposición de Pintura de Aurora Espina tamén na mesma sala.

En setembro as grandes protagonistas son as Festas do Cristo e da Dolorosa, e festexaranse os días 14 e 15.

Ao longo das vindeiras datas desgranaremos cada un destas actividades

Trives ofrece un amplo abano de actividades para este verán