jueves. 28.03.2024

Esto ten como fin principal o buscar un futuro sostible para as futuras xeraxións

O Concello da Pobra de Trives aprobou no último pleno por unanimidade a súa adhesión a Rede de entidades locais para a Axenda 2030 da Federación Española de Municipios e Provincias, nunha rede creada co fin de obter os obxetivos dun desenvolvemento sostible.

Dende o consistorio subliñan esto como un importante paso e un compromiso firme para a continuidade na senda das modernidades e as políticas feitas dende a sensibilidade tras a firma do pacto de alcaldes polo clima e a enerxía fai uns meses.

Manter unha línea de traballo en común, aberta a cooperación, asesoramento e xestión, forman parte das ideas desta rede, buscando a súa vez deixar un pobo mellor para as próximas xeracións de triveses a través de políticas públicas de xénero, loita contra a desigualdade, saúde, ou educación, tamén de transparencia ou sostenibilidade medioambiental.

A súa vez animan a toda a cidadanía a asumir este compromiso para realizar unha folla de ruta baseada na proximidade, equilibrio social, económica e ambiental.

Trives aproba adherirse a Axenda 2030 da FEMP