jueves. 19.03.2026

San Xoán de Río segue no mapa da innovación, agora cun recoñecemento internacional ao seu alcalde

Xosé Miguel Pérez Blecua recibe en Sevilla o galardón Top100 Líderes Innovadores no Congreso Internacional de Startups
somoscomarca_sanxoanderio_premioimnovacion_xosemiguelperezblecua116

San Xoán de Río dá un novo paso adiante no ámbito da innovación ao acadar visibilidade internacional co recoñecemento outorgado ao seu alcalde, Xosé Miguel Pérez Blecua, distinguido este 18 de marzo en Sevilla co premio Top100 Líderes Innovadores.

O galardón entregouse no marco do Congreso Internacional de Startups, un foro que reúne a referentes do emprendemento, a tecnoloxía e a transformación social a nivel global.

Durante a súa intervención, Pérez Blecua puxo o foco no papel dos pequenos municipios nos procesos de cambio: «Estar aquí non é só recibir un premio, é demostrar que dende un lugar pequeno tamén se pode falar de futuro e innovación».

somoscomarca_sanxoanderio_premioimnovacion_xosemiguelperezblecua117
Blecua mentres daba o seu discurso

O recoñecemento, explicou, non é individual, senón froito dun traballo colectivo sostido no tempo. «Reflicte o esforzo diario de moitas persoas que cren e empuxan proxectos transformadores», engadiu.

Este premio reforza a liña de traballo impulsada dende o municipio, centrada na dinamización tecnolóxica e social, con iniciativas que buscan fixar poboación, xerar oportunidades e conectar o talento local con redes globais.

Dende o Concello destacan que este tipo de recoñecementos evidencian que a innovación «non entende de tamaño», e que tamén dende o rural se poden desenvolver proxectos con impacto e proxección internacional.

somoscomarca_sanxoanderio_premioimnovacion_xosemiguelperezblecua115
Co premio nas mans, orgulloso do seu pobo e das pesoas que o fan posible

Pérez Blecua aproveitou ademais a ocasión para agradecer o apoio recibido durante o evento, así como a todas as persoas implicadas nos proxectos que se están a desenvolver no municipio.

Con este recoñecemento, San Xoán de Río posiciónase como un exemplo de como os pequenos territorios poden participar activamente nos novos escenarios de innovación, contribuíndo a situar á provincia de Ourense no mapa global.

Tu prueba Premium ha finalizadoTu prueba Premium ha finalizado

San Xoán de Río segue no mapa da innovación, agora cun recoñecemento internacional ao...