
San Xoán de RÃo recibiu hoxe á conselleira de Medio Rural, MarÃa José Gómez; ao director xeral de Defensa do Monte, Manuel RodrÃguez; e ao delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo. Alà reunÃronse co alcalde do municipio, Xosé Miguel Pérez, para realizar a visita pola base de medios aéreos contra incendios, que vén de ser remodelada.

«Foi unha visita moi positiva que o cambia todo. Esta base xunta a 30 traballadores directos e está preparada para catro helicópteros traballando de xeito simultáneo para atallar os lumes de novas xeracións», indicou o alcalde. «Pasamos dunha base con moi malas condicións a unha totalmente remodelada, e podemos dicir que é a mellor de Galicia polo momento».
A remodelación supuxo un investimento de 1,2 millóns de euros, «polo que queremos agradecer á Xunta esta base». O espazo está situado no coñecido como «Alto do Cerredo, a 2 km da capitalidade, en dirección Quiroga. É o lugar idóneo para este tipo de iniciativas», concluÃa Xosé Miguel Pérez.