
Hoxe sábado 28 de xullo comeza en A Pobra de Trives a edición número 45 da súa tradicional Festa da Bica. Reme Martínez, del gabinete de comunicación del Concello, explica que «o pistoletazo de saída corresponde este ano á apertura do Mercado de Artesáns que xa estará aberto dende ás 12:00 horas», e que contará con stands onde poderá catarse e mercarse o producto estrela da celebración. Pero tamén este ano, e por primeira vez, quen desexe achegarse a Trives a catar a súa preciada bica mantecada, poderá facelo en calqueira establecemento hostelero da vila, «porque todos os locais colaboran na exaltación do producto».
As sinerxias creadas entre os concellos de Trives e Manzaneda, provocaron que este ano, tras a posta en marcha do mercado, comece de seguido na Praza do Concello, o desfile de Bandas de Gaitas que a maiores de Os Trinta de Trives, contarán coa actuación da Banda de Gaitas Xuntanza de Cataluña e a Banda de Gaitas Real Xuvenil». O percorrido polas rúas da vila rematará na Rúa San Martín, «onde se emplaza a Festa da Bica» e onde tamén terá lugar o pregón a partires das 13:30 horas, a cargo de Francisco García Sánchez, Farruco, director do Instituto Xermán Ancoechea de Trives, «historiador, rapaz xoven namorado de Trives, moi querido na vila, e que foi criado entre bicas porque os seus pais eran panadeiros, quen mellor para contarnos a historia da bica», explica Reme.
A novidade deste ano, según contan dende o Concello, é a entrega dos Premios Bica de Ouro que se farán ao remate do xantar. Trátase de facer un «recoñecemento a persoas ou entidades pola súa contribución da posta en valor do noso concello, pola axuda a potencialo e divulgalo en todos os sectores».
Se queres escoitar a entrevista completa a Reme Martínez, fai click no seguinte enlace: