sábado. 20.04.2024
magosto e concurso de Doces en San Xoan de Río (9)
Máis de 200 persoas no magosto popular de San Xoán de Río

Máis de duascentas persoas achegáronse onte a noite ao polideportivo de San Xoán de Río, onde tiña lugar a celebración do magosto popular.

magosto e concurso de Doces en San Xoan de Río (1)
Aspecto do pavillón durante a celebración

Bocadillos de chourizo asados alí mesmo, bullotes, bica, viño e auga e despois do concurso de «postres» os doces participantes repartíronse entre os asistentes.

magosto e concurso de Doces en San Xoan de Río (2)
Asando os chourizos nas brasas

Este concurso lévase facendo tres anos e aínda que comezou con moita participación —o primeiro ano presentáronse 30 ao concurso, segundo o alcalde José Miguel Pérez— este ano de «categoría e moi ben feitos», tal e como dixo o rexedor. «Un concurso de postres de gran nivel, onde foron premiados, Marta, Martín e Mateo».

magosto e concurso de Doces en San Xoan de Río (8)
Martín e Mateo cos agasallos do concurso

Os doces das avóas der Martín e Mateo puxéronlle o nome dos seus netos as tartas participantes e foron eles quen recolleron o agasallo polo primeiro e tercer premio.

magosto e concurso de Doces en San Xoan de Río (4)
Marta conseguiu o segundo premio do concurso

O xurado estivo formado por Alberto de Murga, Óscar Álvarez e José Álvarez Pérez  que tamén valorou os doces de «moita calidade».

magosto e concurso de Doces en San Xoan de Río (3)
Alberto de Murga, Óscar Álvarez e José Álvarez Pérez, xurado do «concurso de postres»

Non faltaron á cita ás dúas familias ucraínas que chegaron as Terras de Trives en marzo e que desfrutaron da festa típica de novembro.

magosto e concurso de Doces en San Xoan de Río (7)
Familias ucraínas desfrutando do magosto

A colaboración da veciñanza é indispensable na celebracón destas festas tradicionáis, nas que todos os que poden botan unha man.

magosto e concurso de Doces en San Xoan de Río (5)
Preparando o lume para asar as castañas no bombo
magosto e concurso de Doces en San Xoan de Río (10)
Metendo os chourizos asado no pan para facer os bocadillos

 

Máis de 200 persoas no magosto popular de San Xoán de Río