viernes. 29.03.2024
´somoscomarca_trives_plazadopilon_plazadoctorpaz_noche_2022 (1)
Fai un «Terraceo» na Pobra de Trives?

Son dous os establecementos hostaleiros que se apuntaron á iniciativa «Terraceo» que traerá espectáculos en vivo os os xoves de xullo e agosto. Os dous bares promocionan as actuacións en directo na Praza Doutor Paz durante o verán.

 Estes dous locais de referencia no Concello da Pobra de Trives veñen de presentar un ano máis a súa programación para animar as noites dos xoves de verán nas terrazas que dan vida á Praza Doutor Paz, no centro da vila.

 «Cada ano vai a máis, a aceptación do ciclo foi en aumento estes anos», dinnos con satisfacción os anfitrións, Miguel e Álvaro, responsables da Cantina do Catro e da Cervecería O Boliche, respectivamente.

 No «Terraceo de Verán» que veñen organizando dende hai anos predomina a música, pero tamén houbo maxia nalgunha ocasión e sempre se garda un oco tamén para o humor.

 «O programa deste ano é espectacular, con grupos musicais locais e forasteiros de gran nivel: Pablo Balseiro, Kélticos, Nebra e Farsantes, e a chegada dende Barcelona do actor e humorista Alberte Montes. Un cartel que promete, e que tanto veciños e veciñas de Trives como turistas e achegados da contorna van gozar ao fresco nas terrazas da Cantina do Catro e do Boliche», explican os organizadores.

pablo balseiro
Bablo Balseiro inaugurará o Terraceo

Actuación de Pablo Balseiro 

Concerto de Pablo Balseiro ponse en marcha o Terraceo. O concerto será na Praza Doutor Paz ás 22:00 horas.

Pablo Balseiro é un músico que deixa marca por alí por onde pasa. Balseiro ofrece un directo que é pura festa, creando un ambiente propicio para compartir, gozar e pasalo ben. Esta é a premisa de alguén que sempre o dá todo enriba do escenario para facer cantar, bailar e pasar unha gran velada ao público.

Este músico coruñés trae a Trives o seu espectáculo “Rumbas & Guateque” e ameaza con montar unha boa. Trátase dun popurrí de versións de diferentes estilos e artistas así como temas propios do seu último disco «San Roque Pá» que funcionan moi ben en directo.

Fai un «Terraceo» na Pobra de Trives?