martes. 23.04.2024

En Manzaneda, Vilariño e O Bolo mostran a súa preocupación tras a reducción de días hábiles das sucursais bancarias

Os concellos de Manzaneda, O Bolo e Vilariño de Conso, viron como oficialmente as oficinas bancarias dos municipios reduciron os seus días laborais pola semana, pasando a estar abertas únicamente 2 días -en Manzaneda e Vilariño- e 3 no Bolo entre o luns e o venres.

Manuel Corzo, alcalde do Bolo, destacou a necesidade da entidade bancaria nun concello que xa foi perdendo servizos nos últimos anos, subliñando o aumento do custo para os veciños no caso de ter que baixar a propósito ata O Bolo dende outros pobos.

Amable Fernández, alcalde de Manzaneda, afirmou que foi unha decisión que non consensuaron cos concellos, destacando que na Fase 2 do desconfinamento decidiron abrir únicamente dous días debido a falta de clientes que se achegaban ata a oficina, pero unha vez terminado o Estado de Alarma, continuaron abrindo 2 días: «Eu chamei a Ourense para ver porque non abrían, e dixéronme que estaban valorando reducir algunha xornada laboral, eu xa lles dixen que non estaba de acordo».

Un dos motivos que alegaron dende a entidade bancaria foi a necesidade de que a xente maior empece a usar os caixeiros automáticos no día a día, algo co que non está de acordo o rexedor de Manzaneda, xa que os veciños non deben aprender a forza o uso das tecnoloxías, así mesmo subliñou que agora a xente dos pobos deberá ou ben desprazarse ata Trives ou baixar a propósito ata Manzaneda -os días de apertura de Abanca- co custo engadido que iso supón.

«Cada persona que ten que facer algo ten que ir ata Trives, son 20 kilómetros e deben ir en taxi ou con algún veciño que lle faga o favor» destacou Amable Fernández, quen tamén subliña as colas que se forman nas entidades bancarias a hora de facer os trámites os días que abren. Se ben no verán aguántanse, o alcalde, empraza ao inverno cando as temperaturas son baixas e a chuvia fai acto de presenza, o que pode provocar algún problema de saúde.

Melisa Macía, alcaldesa de Vilariño de Conso asegurou pola súa banda que os rexedores intentaron negociar coa entidade bancaria dentro das posibilidades que poden ofertar: «Eles básanse no Coronavirus, pero o aproveitan para facer unha restructuración».

Subliñando Macía que a de Abanca e a única sucursal bancaria do municipio, onde están os cartos de todos os veciños da vila que ademáis ca supresión de días de apertura, deben en moitos casos, gardar colas de ata unha hora cando son principalmente xente maior. A outra opción e viaxar ata Viana do Bolo, lugar onde está a sucursal bancaria máis cercana.

«Non nos merecemos este servizo, non solo hai diñeiro, senón tamén seguros e temas financieiros. Dixéronons que non hai nada que facer a partir do luns. Intentamos negociar pero non houbo posibilidade, era unha decisión tomada e irrevocable».

Macía xa moveu ficha e ofreceu a outras entidades financieiras un local completamente gratuito para que os veciños teñan un servizo bancario completo.

Juan Antonio Núñez, veciño de Manzaneda afectado por esta decisión de Abanca, destaca que a xente maior non está acostumada a utilización das novas tecnoloxías, ademáis da dispersión do propio rural: «Hai xente de Reigada que agora teñen que ir ata Trives, repercute na vida normal da xente. Eu diría que máis do 50% da xente ten que empregar un taxi, e esta é unha zona de pensións máis ben baixas. Eles ademáis aproveitan para ir a farmacia, supermercado e o banco no mesmo día. Moita xente o día que cobra va a pola pensión, obríganlles a modificar a súa vida».

Outra das preocupacións deste residente na localidade está nas comisións que cobran dende a entidade financieira por ter a conta ou por exemplo unha tarxeta de crédito que estarían obrigados a ter os clientes debido ao peche das entidades, emprazando a que reclamen ao banco estes cobros que considera abusivos.

Núñez non ve o futuro con optimismo, asegurando que esto e o inicio para pechar definitivamente as entidades do rural.

«Dixéronos que non hai nada que facer a partir do luns, é irrevocable»