
O Concello de A Pobra de Trives quere unhas festas sen violencia, e fai hincapé en erradicar a violencia sexista, por elo quixo colaborar coa iniciativa da FEGAMP, Xunta de Galicia y Colexio de Oficial de Psicóloxía de Galicia para ter unhas celebracións festivas sen problemas.
Co lema "De Troula ConSentido" a campaña trata de sensibilizar sobre a violencia sexista a través dunha serie de indicacións para non sufrir, e erradicar a violencia sexista, neste indican factores fundamentais coma o consentimento "So si é si" xa que o consentimento non é ilimitado nin permantente. Tes dereito a cambiar de opinión en calquera momento.
Tamén indican que a xente debe relacionarse con respeto "Ligar non é anotarse un punto, insistir, apalpar, perseguir, importunar, botar a boca, piropear, arrastrar á pista de baide..." Escoita e respecta a quen tes diante. A capacidade para decidir cambia baixo a influencia de alcol e drogas "Non te aproveites da situación, o consentimento así e nulo".
Por último tamén fan un chamamento a xente para que corten contra o machismo establecendo relacións igualitarias, baseadas no respeto e na confianza mútua libre de imposicións, tamén piden que se impliquen contra ás agresión machistas adoptando unha actitude firme e activa nese tema sin exercer nin tolerar comportamentos sexistas, e tanto no día a día como de troula... "Goza da vida con sentido, tendo en conta a vontade das persoas coas que te relacionas, NON É NON".
Desde o consistorio de A Pobra de Trives comentan que a iniciativa e moi importante, e por elo déronlle a difusión que creen oportuna difundindo a campaña tanto a través das redes sociales coma os carteis colocados polas rúas da vila.