
A XLII Feira do Viño de Quiroga tivo lugar os días 30 e o 31 de marzo. Tras dúas semanas dende a súa celebración, xa se poden coñecer as primeiras impresións do que sucedeu durante esta edición.
O tempo non foi un bo aliado, pero a «verdade é que estamos moi felices porque foi un éxito total, tanto en afluencia de público como por non ter ningunha incidencia resaltable», asegura José Luis Rivera, alcalde do Concelo de Quiroga.
Este tipo de eventos son moi importantes para os municipios, tanto a nivel económico como social. «Coincidiu en Semana Santa, entón achegouse moita xente de todos os lugares de España. Intentamos que se sentiran cómodos para que repitan en outras ocasións», sinala.
Noutra banda está o tema económico, «de maneira aproximada, as 14 casetas participantes fixeron unhas ventas aproximadas de 100.000 euros. E o retorno que houbo en Quiroga, polos datos que me facilitaron, foi de case 600.000 euros», estima o alcalde. Con todo isto, Rivera volver facer fincapé en que foi un «éxito total».