sábado. 02.07.2022
Quiroga celebra o Día das Letras Galegas
Quiroga celebra o Día das Letras Galegas

Julio Álvarez, alcalde de Quiroga, recibiu a distintos colectivos na Casa do Concello para para conmemorar o Día das Letras Galegas. Con esta recepción,aos distintos colectivos culturais do municipio, o mandatario local, quixo agradecerlle o traballo que desenvolven ao longo de todo o ano en prol da cultura. A xornada festiva, que este ano está adicada a Florencio Delgado Gurriarán, comezaba no salón de plenos coa entrega  dos premios aos gañadores do Certame de narración e debuxo Letras Galegas 2022.

 A continuación chegaba a música tradicional galega a cargo do grupo local, O Recanto que interpretaba ás portas da Casa do Concello o himno galego. Como remate da xornada, ás oito do serán, a Casa da Cultura acolle a representación da obra de teatro infantil «O león azul»,  a cargo de Trécola Teatro. Un conto dramatizado por dúas actrices, con emprego de escenografía, vestiario, atrezzo e música. Trátase dun león que chega á vila cun circo. A súa tristura por regresar coa súa familia en África é tan inmensa que é contaxiosa. Unha nena decide liberalo e axudalo. Esta actividade chega a Quiroga a través do programa  «Ler conta moito” da Consellería de Cultura, Educación e Universidade .

O son das gaitas ameniza o Día das Letras Galegas en Quiroga