miércoles. 18.06.2025

O servizo de normalización lingüística comeza a funcionar en Quiroga

Dende o Concello están traballando para o encaixe dunha formación preparatoria para as probas de coñecemento CELGA que se convocan anualmente
somoscomarca_240213_quiroga_pinturamural_ (2)

O concelleiro de Normalización Lingüística do Concello de Quiroga, Xosé Manuel Fernández, comunica que comezou a funcionar un servizo deste ámbito.

Este novo servizo conta cunha persoa contratada e funcionará de xeito compartido co Concello de Ribas de Sil. O obxectivo do mesmo é estar a disposición dos servizos municipais dos Concellos de Ribas Sil e Quiroga para desenvolver tarefas de asesoramento e normalización lingüística, pero tamén se buscará poder atender necesidades de asociacións culturais, do comercio e das empresas que o precisen.

A maiores, tamén se está traballando para o encaixe dunha formación preparatoria para as probas de coñecemento CELGA que se convocan anualmente. Calquera persoa interesada pode xa dirixirse a este servizo, que estará situado na Casa da Cultura, para anotarse como demandante destes cursos.

O horario e teléfono de atención ao público será na Casa da Cultura de 9:00 h a 13:00 h e de 18:00 h a 21:00 h.; o número de contacto para calquera consulta é o 982 43 51 25.

O servizo de normalización lingüística comeza a funcionar en Quiroga