viernes. 29.03.2024
somoscomarca_quiroga_generica_panoramica_2021_10_04

A Comisión Organizadora do San Martiño, no Concello de Quiroga, rexida polo alcalde da localidade, Julio Álvarez, reuniuse por primeira vez ca finalidade de organizar o programa de actos que se levarán a cabo con motivo do San Martiño. A celebración e homenaxe ao patrón da vila será o 11 de novembro.

Este ano quérense aunar dous elementos de importancia para a vila. Un deles é o Camiño de Inverno, e outro a Feira do Viño que este ano aínda non se pudo celebrar por mor da pandemia.

No itinerario Xacobeo, a historia e a literatura reflicten a súa importancia no pasado e no presente do Camiño de Inverno, e concretamente no tramo que atravesa o Concello de Quiroga.

Por outra banda, a Feira do Viño non pudo celebrarse neste ano, e dada a importancia deste produto a programación cultural municipal desenvolveu numerosos actos ao longo do ano para ensalzar este produto.

Primeiro, coincidindo coas datas de celebración da Feira do Viño na Semana Santa, posteriormente no verán, os días 24 e 25 de xullo, data na que se pretendía desenvolver a feira e agora, a carón do día de San Martiño, continúan a promocionar os caldos da D.O Ribeira Sacra feitos na zona.

Así este ano o amplo programa de actividades musicais, deportivas e culturais que conformará o programa “San Martiño co viño no Camiño” desenvolverase na vila, pero tamén en varios lugares estratéxicos do tramo do Camiño de Inverno que discorre polo municipio ao longo de varios días

Quiroga aunará o Camiño de Inverno co viño polo San Martiño