28 de abril de 2026, 20:05
Un derrubamento rexistrado nas últimas horas obrigou a cortar ao tráfico a estrada que conecta a localidade de Paradaseca cos núcleos de Paradapiñol, Rugando, Cereixido e Vilarmel, no concello de Quiroga.
A calzada esborrallouse e impide o paso de vehículos, polo que a vía permanece totalmente pechada ata novo aviso por motivos de seguridade.
Desde as redes sociais do Concello informan de que xa se están a realizar traballos para reabrir a estrada o antes posible, aínda que polo momento non hai unha previsión concreta de cando poderá restablecerse a circulación.
