viernes. 06.06.2025

Quiroga viaxa á época romana e castrexa con Qui-Roma

Andrés Novoa, membro da asociación organizadora, desvela como será esta novena edición que terá lugar este sábado 17 de agosto
somoscomarca_quiroga_quiroma_gladiadores_festa_2023 4

O legado dos Romanos e dos Castrexos, dos que acolleron arredor de 110 asentamentos, volve a ser protagonista un ano máis no Concello de Quiroga. Estamos a falar da novena edición de Qui-Roma, unha festividade que se consolida ano tras ano. 

A historia romana tamén toca de cerca este municipio, por exemplo, o túnel froito da mineira aurífera deste imperio en Montefurado. Nas paredes rocosas desta última localización abriron unha brecha de case 120 metros de lonxitude provocando que o río Sil cambiase o seu curso. Nas inmediacións desta modificación puideron atopar o prezado botín dourado. 

Este solo sería un pequeno resumo da historia que ten as súas costas esta localidade. Por este motivo decidiuse realizar esta festa de recreación histórica. 

Qui-Roma nace fai nove anos

Andrés Novoa é un dos membros da Asociación Qui-Roma que, este ano, xunto ao Concello de Quiroga organizan esta celebración concentrada en un solo día. «Normalmente este tipo de festas duran tres días», explica Novoa, quen tamén espera que esta situación mude na próxima edición. 

Dende as 9:30 de este sábado, 17 de agosto, a localidade quiroguesa acollerá unha ruta de cabalos. Xa as 11:00 procederase a apertura dos mercados con demostracións de artesanía e traballos de arame ao longo da mañá —estará localizado na Rúa Real—.

Ao longo da xornada matutina haberá diferentes actividades para os máis pequenos. Entre elas atópanse inchables, visitas aos museos ou un desfile da Garda Romana Lucus Equites.

Para rematar esta primeira parte, ás 13:00, ofrecerase un vermú Qui-Romano coa Batucada XDL pondo o ritmo. Despois dun pequeno receso, ás 17:45 volven as actividades cunha escola de pequenos gladiadores. O programa completo poderano ver na páxina web da organización.

O tradicional desfile será ás 20:30 pola Rúa Real coa participación da Garda Romana Lucus Equites e Mario Nogueira cos seus bois. A maiores están invitadas todas aquelas persoas que desexen participar. O punto de saída será dende a Casa da Cultura. 

A sesión nocturna abrirase, ás 21:00, cun espectáculo para recrear a loita de gladiadores. En concreto enfrontaranse os Romanos contra os Castrexos. Unha das peculiaridades que envolve isto é que «todos son de Quiroga e así dálle máis autenticidade». Novoa defíneos como «personalidades do pobo coñecidos por todos e con gran carisma». 

De feito, para poder ensaiar todos os movementos, aqueles veciños que participan reúnense durante o verán «cando poden». En referencia aos vestiarios que se empregan en todas as actuacións realízanos en colaboración cun taller da localidade. «Ao longo de todo o ano dámoslle o material» e así confeccionan todo o necesario.  

Tamén se conta cunha cea ás 21:30 na prazo do Auditorio. As entradas están a venda en Chapakuña por 15 euros. Poderase degustar ensalada de pasta, paella, sobremesa, bebida e café.

Qui-Roma dende unha visión de organización

Organizar este tipo de eventos non é sinxelo, «o núcleo é buscar financiamento», explica o membro da asociación. Por esta razón, o concello decidiu colaborar «dunha maneira moi importante» nesta novena edición. 

A pesar das dificultades que se podan encarar a valoración «sempre é positiva, eu creo que é unha festa que está no calendario».

Para rematar, nunca está de máis un pouco de historia, sobre todo cando se trata de coñecer as orixes dunha celebración destas características. Andrés, coa súa paixón polas festas de recreación histórica consideraba que «Quiroga merecía unha deste estilo e que mellor que unha dos Romanos e Castrexos». Dende entón, xa van nove anos nos que cada vez se consolida máis. 

Quiroga viaxa á época romana e castrexa con Qui-Roma