domingo. 08.06.2025

Quiroga gozará do Entroido con 10 comparsas

Dende o Concello planearon dous días cheos de actividades para todas as idades
Desfile de comparsas quiroga 2022 (52)
Quiroga desfrutará do Entroido con 10 comparsas

O Concello de Quiroga tamén quere desfrutar dos días de Entroido e farao con actividades durante o 11 e o 12 de febreiro. Aínda que se estime saír a desfilar, están moi atentos a como vaia evolucionando o tempo. 

«Se o tempo non nos acompaña sempre pode haber unha opción de suspendela e buscaríamos un día, aínda que é complicado polo», explica José Luis Rivera, alcalde de Quiroga. 

O domingo poderase gozar do desfile de comparsas organizado polo Concello. Un total de 10 comparsas anotáronse para este día, de feito, o que se fixo foi dividir as inscricións en dúas modalidades: Modalidade comparsa (integrada polo menos por dez membros) e a Modalidade disfrace individual (que como máximo agrupará tres membros por disfrace).

Cada participante nomeará un representante para formar parte do xurado, polo que o xurado cualificador estará composto por tantos membros coma comparsas e disfraces participen no desfile. Os integrantes do xurado despois de asistir ao desfile, valorarán a cada comparsa menos á que representa, valorarán a orixinalidade dos disfraces, a coreografía, a escenografía, a elaboración de vestiario e a elaboración da carroza.

Para a modalidade de comparsa establécese un primeiro premio de 600 €, un segundo premio de 300 € e un terceiro premio de 200 €. O resto das comparsas participantes recibirán 100 €. Para a modalidade de disfrace individual haberá un único premio ao mellor disfrace dotado con 60 €. 

O luns 12 poderán desfrutar os máis pequenos cunha festa infantil de disfraces no Centro Social a partir das 17:00. Nesta tarde os nenos e nenas poderán desfrutar dunha merenda e música da man do DJ Michel. 

Quiroga gozará do Entroido con 10 comparsas