viernes. 29.03.2024

A Directora Xeral de Administración Local, Natalia Prieto Viso, e o Delegado Territorial da Xunta, Javier Arias, estiveron na xornada do dices, 9 de setembro, en Quiroga para visitar a obra da nova cuberta da Casa da Cultura que foi financiada pola Xunta de Galicia.

Esta instalación data do ano 1992. Por elo, e tras case 30 anos foi necesario o cambio da mesma para poder rematar cos problemas de humidade deste inmoble municipal. Para realizar esta rehabilitación contouse cunha subvención de 48.158 €, aportados por Vicepresidencia e pola Consellería de Presidencia, Administración Pública e Xustiza.

Para colocar a nova cuberta metálica foi preciso retirar a grava que servía de lastre e protexía a capa illante e colocar unha estrutura metálica sobre o que se asentou a nova cuberta. Para realizar esta obra foi preciso tamén retirar as placas solares coas que conta este edificio, que unha vez reparado se volveron colocar no seu lugar.

Os membros da Xunta de Galicia aproveitaron para visitar as obras do novo cemiterio municipal. Estas obras comezaron fai unhas semanas e tamén contan con aporte económico por parte da administración autónomica.

A Casa da Cultura de Quiroga contará cunha nova cuberta