
O mirador de Vilañán, un balcón sobre o val do río Quiroga, está situado no Xeoparque Montañas do Courel, Un novo punto de observación da espectacular paisaxe deste territorio.
O alcalde de Quiroga, José Luis Rivera, achegouse ata o lugar para revisar a como quedara a nova estrutura e desfrutar das espectaculares vistas e as cores cas que o outono tingue o val, especialmente as cepas das que sae o viño desta terra.
Situado na serra de Vilañán, no Concello de Quiroga, permite contemplar a totalidade do val do río do que a capitalidade do municipio toma o seu nome. Dende o seu nacemento na cara suroeste do Pía Páxaro ata a súa desembocadura no río Sil en Quiroga, tras recorrer 24 km. podemos ver a súa unión co dos regos Porto Murelos, as Lagoas e Curuxido,
Unha estrutura de madeira sobre a rocha que xa se utilizaba para contemplar o val—os veciños da zona chámanlle a “Pena de Pensar ou Mirador de Vilañán”, permite contemplar unhas marabillosas vistas.

O miradoiro acaba de ser acondicionado polo GDR Ribeira Sacra. As obras incluiron o acceso, unha escaleira de madeira e unha varanda, que se complementou cun banco que permite gozar comodamente da paz e tranquilidade que se respira neste lugar. Falta a colocación dun panel explicativo da zona que se instalará nuns días.
Desde esta estrututa contémplanse numerosos núcleos espallados por todo o val, Quiroga, San Clodio e puntos destacados como o Pía Páxaro (1.610 m) e Formigueiros (1.639 m).
As cumes máis altas do Xeoparque da UNESCO; o Alto do Boi, límite entre os concellos de Quiroga e Folgoso do Courel, ou Castro de Ares poden son outros puntos visibles desde o miradoiro.
Non hai que esquecerse da serra de Ribas de Sil na subida a San Xoán de Río (Ourense), que son outros dos altos da zona que se poden ver.
O miradoiro está situado a 7 km de Quiroga. Os primeiros 4 km de pista asfaltada son o acceso dende a vila quiroguesa a Vilañán, os tres seguintes discorren por unha pista de terra, a mesma que leva ata o despegue de parapente.
Este miradoiro xa forma parte da rede de miradoiros do Xeoparque Mundial Nontañas do Courel, que a través de 26 puntos estratéxicos repartidos por todo o seu territorio permite observar dende perfectos escaparates, a rica historia xeolóxica, a paisaxe e o patrimonio cultural que este xeoparque engloba