jueves. 30.11.2023
Quiroga pon en marcha o programa "Madrugadores"

A área de Educación e Infancia do Concello vai poñer en marcha o programa Madrugadores. O programa que conta con 25 prazas, desenvolverase nas instalacións do ximnasio do Colexio de Educación Infantil e Primaria -cedidas para este fin polo centro educativo- entre as 8:00h. e as 9:45h.

O servizo vai dirixido exclusivamente a pais que traballen nese horario e que precisen atención para os seus fillos antes da entrada do colexio. Como recalcou a Concelleira de Educación e Infancia, Mayte Pérez Grao, “o servizo nace da necesidade de conciliar a familia e o traballo”.

Unha monitora encargarase de realizar actividades lúdicas cos nenos que deberán acceder ao patio do centro educativo chamando ao timbre da porta pequena para que lles abra o conserxe.

O servizo que se levará a cabo todos os días lectivos, ten un custo que pode ser mensual (30€) ou por días soltos (5€ por día), tendo desconto por irmáns (5€).

Os pais interesados deben cubrir un formulario de solicitude de praza que está dispoñible no CEIP de Quiroga e na páxina web do centro educativo e entregalo antes do 27 de setembro. Ao día seguinte sairá a lista definitiva de admitidos.

Quiroga pon en marcha o programa "Madrugadores"