sábado. 07.06.2025

Quiroga encheu a Rúa Real de disfraces, comparsas e moita xente vendo o desfile

As comparsa «Campo da Feira» e «Mabilandia» empataron a puntos e as dúas gañaron o concurso mentres que «A Cabina» quedou no terceiro posto

Quiroga celebrou o seu gran desfile este domingo 11 de febreiro pese a que a chuvia estivo ameazando durante todo o tempo, incluso chegaron a caer algunhas gotas pero finalmente non se suspendeu. Contemplouse a posibilidade de aprazar este desfile por mor das previsións meteorolóxicas, máis «o tempo aguantou» como manifestaba o alcalde, José Luís Rivera.

somoscomarca_240211_quiroga_entroido_desfilecomparsas (68)
A Rúa Real de Quiroga chea de xente no desfile de entroido

«Estase vivindo con moita animación. Hai doce comparsas de mais de 10 persoas e 4 individuais», aseguraba a pé de rúa onde atendeu a Somos Comarca entre o son da música que non deixou de soar e que animou aos centos de persoas que asistiron ao desfile. «O entroido sempre anima a xente. É unha cousa importante e hai que facela todos os anos», subliñaba Rivera.

somoscomarca_240211_quiroga_entroido_desfilecomparsas (81)
Membros  de Protección Civil axudando na organización

Os primeiro e segundo premio estivo igualado a puntos, e correspondeulle ás comparsas «Campo da Feira» e Mabilandia», así que decidiron «xuntar os importes de cada categoría e repartilos entre as dúas». O terceiro premio foi para «A Cabina».

somoscomarca_240211_quiroga_entroido_desfilecomparsas (42)
A xente miúda encabezaba a comparsa «Campo da Feira» 

O Campo da feira, era a representación particular da «volta ao mundo». Estaba formada por xente de todo o mundo, ingleses, chineses, indios, vaqueiros..., unha auténtica viaxe ao redor do mundo.

somoscomarca_240211_quiroga_entroido_desfilecomparsas (70)
As bruxas de Mabilandia bailaron sen parar

Mabilandia, estaba formada por un grupo de bruxas que non pararon de bailar e brincar, facendo xirar as vasoiras que levaban da man, iso si moi ben acompasadas. Incluso levaba na carroza una meiga facendo conxuros e pócimas marabillosas.

somoscomarca_240211_quiroga_entroido_desfilecomparsas (59)
A casiña de palla do conto dos Tres porquiños de A Cabina

A Cabina, era a escenificación do conto do lobo e os tres porquiños e o dos cabritiños. Sobre rodas as tres casas: a de herba, a de madeira e a de ladrillo. Tamén estaba a avoa tecendo o lobo, a cabra e os cabritiños, os marranchiños e nai porca.

somoscomarca_240211_quiroga_entroido_desfilecomparsas (73)
Poliños e pitas encheron de cor o desfile

Había poliños e pitas noutra das comparsas e até unha sorpredente concentración de moteiros que portaban a «catrina», a popular calabera que se usa en México para celebrar o día dos mortos.  O Equipo A con Hannibal, Murdock, Fénix y M.A., non deixaron de estoupar petardos.

somoscomarca_240211_quiroga_entroido_desfilecomparsas (17)
Equipo A en acción

Unha tarde divertida e colorida onde a chuvia respectou o desfile. A seguinte cita festeira en Quiroga será ca feira do Viño, o 30 e 31 de marzo. No seguinte vídeo amosámosche todas as comparsas que desfilaron en Quiroga.

Quiroga encheu a Rúa Real de disfraces, comparsas e moita xente vendo o desfile