martes. 24.06.2025

Quiroga celebra novamente seu concurso de Tapas

O concurso estará aberto ata o 16 de abril, agás o día 10,  que por ser día de feira, a comisión organizadora, á petición dos propios establecementos decidiu que non sexa día de tapa de concurso
somoscomarca_obarco_rutapincho_bajo5_tacode cerdo_2022 (4)
Quiroga celebra novamente seu concurso de Tapas

Este mércores, día 6 de abril, comeza o X Concurso Quiroga de Tapas e no que participan nove establecementos adicados á restauración. Todos eles competirán para facerse co premio á mellor tapa desta edición levando un diploma acreditativo e 100 € en metálico.

  Os establecementos participantes son: Adega da María,  Bar O Portón, Cafetería A Botica, A Taberna, O Rego Gastrobar, Bar Chapakuña3, Bar Matrioshka, Mesón Ferreiriño e Mesón Escaleira. Cada un deles presentará unha única tapa, elaborada con  ingredientes de libre elección.

A tapa presentada ao concurso, deberá estar anunciada, exposta de forma destacada, así como a disposición do público consumidor nun número suficiente e razoable de unidades ou porcións, entre as 12:00 e as 14:30 e as 19:00 e as 22:30.

O prezo da tapa é de 1´50 €, polo que serán os propios consumidores das tapas os que decidan coa súa votación cal é a tapa gañadora. Para elo terán que cubrir un tapacartón co selo de todos os establecementos que concursan e que se poñerá cada vez que o cliente deguste a tapa concursante.

Cando o cliente complete a degustación de todas as tapas presentadas a concurso en todos os establecementos participantes, poderá votar a súa tapa favorita utilizando o mesmo tapacartón e introducindo o mesmo nas urnas oficiais do concurso, coas que contarán todos os establecementos participantes.

Os premios para os participantes van desde os 300 € en metálico ata cestas con produtos típicos da zona, pasando por comidas ou ceas para dúas persoas en distintos establecementos locais e da Ribeira Sacra, a estancia nunha hospedería ou un paseo a cabalo.

Quiroga celebra novamente seu concurso de Tapas