domingo. 07.08.2022

Esta mostra itinerante estará ata o vindeiro 5 de abril

A sala de exposicións do Concello de Quiroga acollerá “O Fin do Camiño”, unha exposición itinerante que estará na vila dende ata o 5 de abril. A mesma está organizada polo colectivo Egeria co patrocinio da Xunta de Galicia, a través do programa o Teu Xacobeo, e recolle imaxes dos fotógrafos Eduardo Ochoa e Carlos Puga.

A mostra está composta por dez grandes paneis dobres que complementan ás fotografías con textos en galego, castelán e inglés reflectindo as distintas visións e sentimentos que levan aos peregrinos a emprender o Camiño a Compostela.

Así mesmo a través desta obra pódese coñecer a procedencia dos peregrinos chegados de lonxe, aspectos como a multitude e a soidade que ambos teñen cabida no Camiño.

Esta exposición, que xa leva recorrido varios municipios galegos situados no Camiño Francés e no Camiño de Inverno, abrirase ao público o vindeiro martes, día 30, ás 12:30 horas.

Quiroga acollerá unha mostra fotográfica do Camiño