martes. 24.06.2025

Quiroga acollerá unha feira de artesanía

Será o vindeiro 27 de agosto e contará cun concerto do afamado grupo A Roda

A localidade de Quiroga acollerá o vindeiro venres 27 de agosto a I Feira de Artesanía e produtos locais. Todo a raíz da Asociación de Artesáns galegos “Tarabelada” da que forman parte varios emprendedores locais, que queren mostrar nun evento similar a Mostra da Mel os produtos que eles mesmos realizan.

A rúa Real será o escenario da feira de artesanía. Nela os visitantes podrán atopar produtos como queixos, marmeladas, mel, licores ou especias dentro da parte adicada a alimentación, mentres que na parte da artesanía haberá traballos feitos con coiro, xabóns, tellas ou madeira autóctona como a madeira de oliveira.

Para complementar, dende o consistorio organizarán outro evento cultural no marco da mostra, para que tamén teña cabida a música tradicional, daquela o remate da xornada terá lugar a actuación do afamado grupo de música folk A Roda a partir das nove da noite nas inmediacións da rúa.

No apartado de obras, dende a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade financiaráse con 100.000€ o inicio da construción da nova rúa que unirá a rúa Tallos co cuartel da Garda Civil de Quiroga.

A conselleira atendeu as explicacións de Julio Álvarez e estudou os planos que lle presentou o alcalde dunha rúa de 16 metros de ancho con todos os servizos urbanos, xa contemplada no Plan Xeral de Ordenación Municipal. Esta nova vía na parte alta da vila quiroguesa, ademais de unir a rúa Tallos co Cuartel da Benemérita, daría servizo ao futuro Cemiterio Municipal que proxecta construír o concello.

Quiroga acollerá unha feira de artesanía