martes. 24.06.2025

A posta en valor do túnel romano de Montefurado obxectivo prioritario do equipo de goberno de Quiroga

O alcade de Quiroga reuníase co presidente da CHMS nas inmediación do túnel para valorar o xeito de acondicionar, divulgar e dar relevancia a esta obra realizada polos romano no século II para aproveitar o ouro que traía o río Sil 
somoscomarca_20231006_montefurado_joseantonioquiroga_joseluisrivera_tunelromano (1)
A posta en valor do túnel romano de Montefurado obxectivo prioritario do equipo de goberno de Quiroga

O alcalde de Quiroga, José Luis Rivera e o primeiro tenente de Alcalde, Vicente Parra Vizcaíno, reuníronse con José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.  A xuntanza tiña lugar nas inmediacións do túnel romano de Montefurado por ser o punto prioritario da reunión.

As áreas de Cultura e Turismo que levan respectivamente José Luis Rivera e Vicente Parra, teñen proxectado buscar un novo enclave, con fácil acceso, dende o que se poda ver  a boca de entrada do túnel romano, por iso na xuntanza falouse das acciones necesarias para acondicionar, divulgar e valorizar o túnel e o meandro seco do Sil en Montefurado.

O obxectivo é acondicionar para uso público e poñer en valor a explotación aurífera romana na que se atopa o túnel de Montefurado, a través da instalación de diferentes recursos interpretativos, ademais de mellorar o recorrido polo meandro seco do Sil.

somoscomarca_20231006_montefurado_joseantonioquiroga_joseluisrivera_tunelromano (2)
Os visitantes no miradoiro sobre o río SIl ao seu paso por Montefurado

No encontro acordouse a redacción dun convenio entre ambas administracións que posibilite as actuacións, no que se establecerán as condicións de colaboración para a financiación e a execución das obras e o réxime de entrega das mesmas para o seu mantemento e conservación pola administración local.

Na actualidade o túnel ten unha lonxitude duns 52 metros, xa que unha gran riada provocou o derrube da metade do túnel, que orixinalmente tiña uns 120 metros. Este derrubamento supón que non existan restos na actualidade do castelo que se situaba sobre el.

Toda a contorna de Montefurado, así como outros lugares de Quiroga mostran a importancia que tivo a extracción do ouro na época do Imperio Romano é dende o Concello queren por en valor esta pegada do pasado romano na contorna.

A posta en valor do túnel romano de Montefurado obxectivo prioritario do equipo de...