
O Concello de Quiroga comeza a facer públicas as actuacións das súas festas de verán, marcadas para os días 8, 9, 10, 11 e 12 de agosto. Cinco días con moita música nos que «actuarán dúas das mellores orquestras de Galicia», aseguran dende o equipo de goberno. Serán a Panorama e o Combo Dominicano.
En concreto, o día oito de agosto o ritmo estará a cargo da orquestra Panorama dende as 18:00 no aparcamento do CEIP de Quiroga.
Na xornada do venres os máis pequenos poderán desfrutar de Peque Disco Moc Moc na Praza Rúa Lago —está enmarcada no Programa Cultura no Camiño—. A partir das 22:30 o compás estará a cargo do grupo de folk Treixaduras. Para rematar a xornada, dende as 00:30, actuará a orquestra Combo Dominicano.
O día de San Lorenzo as 11:00 abrirá as portas a XXIII Mostra do Mel na Rúa Real —alborada a cargo do grupo de gaitas O Recanto—. As 13:00 sesión vermú con Somoza Trío na Paza Rúa Lago.
"De Vilatriste a Vilalegre", no Centro Dramático Galego, será representada o 11 de agosto ás 12:30. Este mesmo sábado tamén se realizará un espectáculo de fogos artificiais dende a Praza de España ás 22:30. Para polo broche de ouro a este día estará o grupo Gin Toni´s na Rúa real dende as 00:30.
A clausura destas festas correrá a cargo do Grupo Asia dende as 22:30 na Rúa Real.