sábado. 20.04.2024

500 veciños están chamadosa este cribado destinado a destapar posibles casos asintomáticos

Dende este luns ata o vindeiro venres, un total de 500 veciños de Quiroga están chamados a participar no cribado masivo organizado pola Consellería de Sanidade co fin de destapar posibles casos asintomáticos.

Esto débese a que dende o 17 de xaneiro o Sergas confirma cada día un importante aumento de casos na incidencia acumulada a catorce días, cun aumento diario roldando os dez casos. Esta cifra sobrepasouse o venres da semana pasada cando se confirmaron 18 novos casos e tamén este martes con 12 novos positivos, sendo actualmente 121 os positivos detectados nas últimas 2 semanas, números alarmantes nunha poboación que non chega aos 4.000 habitantes.

No Hospital de Monforte de Lemos practicáronse preto de 400 PCR aos veciños da localidade dende o inicio da terceira vaga de contaxios, polo que consideraron oportuno facer 500 máis no Centro de Saúde de Quiroga durante esta semana.

Dous equipos da consellería desprazaranse a partir das tres da tarde dende o luns e ata o venres, para realizar aos test de antíxenos a aqueles quirogueses de entre 30 e 70 anos, que previamente recibiran unha mensaxe citándoos a unha hora concreta.

A finalidade dos cribados masivos, tal e como subliñou o alcalde da localidade Julio Álvarez en Más de Uno Valdeorras, é dar canto antes con aquelas persoas positivas que ao ser asintomáticas non o saben e seguen espallando o virus polos lugares polos que se moven, de aí a importancia de acudir cando se é citado.


Foto do Facebook de Concello de Quiroga

O cribado de Quiroga comezará este luns