jueves. 26.06.2025

O ano comenzará en Quiroga con actividades para os cativos

Os cativos disfrutarán de inchables e unha pista de patinaxe para comezar o 2021 da mellor maneira posible

Entre os días 2, 3 e 4 de xaneiro o pavillón municipal de Quiroga acollerá actividades para os cativos. Inchables e pista de patinaxe serán as atraccións para comezar o 2021 e nas que se deberá cumprir un amplo protocolo anti-covid.

Para poder asistir a estas actividades totalmente gratuitas será preciso inscribirse previamente na Casa de Cultura a través do número de teléfono 982435125, sendo necesaria unha cita previa.

A entrada estará limitada a grupos de 25 persoas cunha duración das actividades dunha hora.

Cada neno deberá ir acompañado dun adulto que poderá permanecer nas gradas, excepto no caso dos máis pequenos que se permitirá acompañalos ata os inchables, alí serán atendidos por persoal de Mantesil, empresa encargada do evento.

Antes de entrar no recinto tanto a nenos como adultos tomaráselles a temperatura corporal e asinarán unha declaración responsable de non ter síntomas de Covid, facilitando o seu nome e teléfono de contacto para poder contactar con eles en caso de posibles contaxios por Coronavirus.

O recinto, estará dividido en zonas e grupos por idades, sendo obrigatorio o uso de máscara e calzas desechables, esto último será entregado na entrada do pavillón.

Habilitaránse así mesmo varios puntos con xel hidroalcólico para a hixiene de mans, mentres que todas as atraccións inchables desinfectaranse despois de cada xornada.

Así este Nadal estará destinado ao público infantil como subliñou en Más de Uno Valdeorras, o alcalde Julio Álvarez, malia que nestes últimos días tamén realizáronse actividades para todos os públicos coma o I Torneo de Pádel.

Foto do Facebook de Concello de Quiroga

O ano comenzará en Quiroga con actividades para os cativos