viernes. 30.05.2025

José Luis Rivera vén de ser nomeado gran mestre da Confradía do Viño de Quiroga

O alcalde participou así, como cofrade no desfile que levou aos seus membros atavíados co traxe de gala desde o Concello ate o Museo Etnográfico
somoscomarca_240323_quiroga_rivera_cofradiaviño_cofrade (2)
José Luis Rivera vén de ser nomeado gran mestre da Confradía do Viño de Quiroga

A Confraría do Viño de Quiroga, co seu tradicional desfile anunciaba na mañá deste 23 de marzo que a Feira do Viño está ás portas. Antes, na casa consistorial nomeábase a José Luís Rivera gran mestre, xa que segundo os estatutos desta organización este cargo recae no alcalde da vila.

Ao remate do acto protocolar, no salón de plenos do Concello, Rivera partiu co seu traxe de gala —capa de cor burdeos e sombreiro negro— xunto aos demais confrades pola Rúa Real até o Museo Etnográfico. No seu percorrer a música do grupo de gaitas O Recanto, acompañounos.

somoscomarca_240323_quiroga_rivera_cofradiaviño_cofrade (4)
Desfile da confradía pola Rúa real

Este solemne acto, presidido polo confrade maior, o alcalde de Quiroga, e o presidente da Confraría, José Manuel Rodríguez — responsable do consello regulador da denominación de orixe Ribeira Sacra—, forma parte dos prolegómenos da Feira do Viño de Quiroga dende o ano 2012, ano no que se fundou esta congregación.

somoscomarca_2403cofradia_quiroga

Ao remate do desfile, —a porta pechada— os membros do gremio realizaban unha asemblea anual nas instalacións do Museo Etnográfico. Entre outros, abordouse o tema de incluír novos membros, polo que ten aberto o prazo para que as persoas interesadas presenten solicitude.

Ata o de agora a confraría estaba formada por 23 persoas e agora vaise aumentar ata as 33, 10 máis, . Esta institución foi creada hai máis dunha década e, desde entón houbo poucos cambios, agás no 2019, cunha praza bacante, permitiu a incorporación da primeira muller.

somoscomarca_240323_quiroga_rivera_cofradiaviño_cofrade (3)

Os requisitos imprescindibles para formar parte da Confraría do Viño é estar interesado no mundo vitivinícola e implicarse nas actividades que convoca esta organización. Ademais para poder presentarse as persoas interesadas deberán contar con tres padriños que serán confrades en activo.

O prazo para presentar as solicitudes —que deben cumprimentarse na Casa da Cultura— estará aberto ata o 30 de abril. Unha vez presentadas haberá unha votación por parte dos confrades ordinarios para elixir  aos novos membros, segundo mandan os estatutos desta asociación.

somoscomarca_240323_quiroga_rivera_cofradiaviño_cofrade (1)
Grupo O Recanto abría o desfile

Fotografías cedidas pola Televisión de Quiroga 

José Luis Rivera vén de ser nomeado gran mestre da Confradía do Viño de Quiroga