viernes. 29.03.2024

O alcalde Julio Álvarez, confirma que a curva está en pleno descenso, malia iso pide prudencia a poboación de Quiroga

O Concello de Quiroga viviu unhas xornadas duras «preocupantes e escalofriantes» en palabras do rexedor Julio Álvarez, que tamén subliñou a boa tendencia da curva do Coronavirus nas últimas xornadas.

«Que nunha semana nos puxéramos de 0 a 121 era asombroso, porque en Galicia non houbera parangón dunha subida tan fulgurante», subliñou o rexedor, quen agradece os diferentes esforzos dende o SERGAS e tamén dos veciños de Quiroga, xa que para el iso foi chave para cortar a expansión do virus.



Respecto a incidencia no veciño concello de Ribas do Sil, Álvarez non dubida en sinalar que ambas vilas están moi unidas, mantendo diferentes vínculos, polo que se ben o ascenso de infeccións activas non foi tan fulgurante si que chegou a ser preocupante.

Cribado masivo

En total, entre as PCR realizadas antes do cribado, e as do propio evento, foron preto de 1.000 quirogueses os que se realizaron un test, nos feitos no Hospital de Monforte apareceron os 121 casos cos que chegou a contar a vez Quiroga, cunha positividade superior ao 25%, cando o máximo recomendable e do 5%, por sorte, nas probas feitas no Centro de Saúde da vila a semana pasada únicamente saiu un novo positivo procedente dunha parroquia con alta incidencia da COVID.



«Vimos que había ese foco pero o resto do municipio estaba limpo». detallou un rexidor que espera que pronto sexa todo un mal recordo.

De cara ao futuro o alcalde espera que pronto volvan os visitantes para desfrutar de todo o que oferta Quiroga e o Xeoparque do Caurel declarado recentemente pola Unesco. «Que se abran as portas para todos os que queiran coñecelo, porque cando o declararon chegou a pandemia».



Foto do Facebook de Concello de Quiroga

«Foron días preocupantes en Quiroga»