martes. 03.06.2025

As escolas deportivas de Quiroga regresan a próxima semana

Os cativos poderán practicar fútbol sala e voleibol. Dous deportes con gran arraigo na localidade e que deron cabida a múltiples deportistas que destacaron a nivel autonómico e nacional
balon futbolsala

A área de deportes do Concello de Quiroga porá en marcha novamente as escolas deportivas municipais, para nenos e nenas a partir de 6 anos. As mesmas ofertan fútbol sala e voleibol comenzando a súa actividade a vindeira semana e prolongarán a súa actividade ata o 3 de xuño, data prevista para a celebración da Gala do Deporte, que leva sen facerse dende o 2019 por mor da pandemia da covid.

Dentro das escolas deportivas hai varias categorías: prebenxamín para os nacidos entre o 2014 e o 2015; benxamín, para os nacidos no 2012 e 2013; alevín, para os nacidos no 2010 e o 2011; infantil, para os nacidos no 2008 e 2009; e finalmente a categoría cadete para os nacidos entre 2006 e o ano 2007.

Os adestramentos varían en función da categoría. Así os prebenxamíns adestrarán os luns e mércores a partir das catro e media da tarde. Os benxamíns fano os martes e xoves ás cinco e media. Os alevíns adestrarán os luns e mércores as cinco e media e finalmente os infantís e cadetes fano os luns e mércores ás seis e media.

O outro deporte que inclúe as Escolas Deportivas é o voleibol. Os participantes adestran os martes e os xoves a partir das seis e media da tarde. Ambas actividades desenrrolaránse no Pavillón Municipal.

As escolas deportivas de Quiroga regresan a próxima semana