Un derrubamento obriga a cortar ao tráfico a estrada entre Paradaseca e varios núcleos de Quiroga

somoscomarca_quiroga_drrumbamiento
A vía permanece pechada ata novo aviso mentres o Concello traballa para restablecer a circulación canto antes

Un derrubamento rexistrado nas últimas horas obrigou a cortar ao tráfico a estrada que conecta a localidade de Paradaseca cos núcleos de Paradapiñol, Rugando, Cereixido e Vilarmel, no concello de Quiroga.

A calzada esborrallouse e impide o paso de vehículos, polo que a vía permanece totalmente pechada ata novo aviso por motivos de seguridade.

Desde as redes sociais do Concello informan de que xa se están a realizar traballos para reabrir a estrada o antes posible, aínda que polo momento non hai unha previsión concreta de cando poderá restablecerse a circulación.