sábado. 20.04.2024

O Concello de Quiroga aprobaba esta mañá nunha sesión plenaria extraordinaria a subida do recibo trimestral do lixo, auga e sumidoiros. Faíase cos votos a favor do Partido Socialista de Galicia e os do Bloque Nacionalista Galego en contra. A proposta da Alcaldía para a modificación das ordenanzas fiscais reguladoras das taxas polos servizos de: Recollida, tratamento e eliminación de lixo-ecotaxa; Abastecemento de auga e Rede de sumidoiros, quedaba así aprobada.

A subida destas tres taxas rondará o 10%. Páganse conxuntamente no recibo trimestral que aplicado a un recibo dunha familia media de catro membros supoñerá unha subida trimestral de máis de 3 €. O alcalde, Julio Álvarez,  sinalou que os veciños terán que desembolsar «sobre un euro máis ao mes, que desglosado sería un incremento da ecotaxa de 0´42€, da auga de 0´20€, 0´18€ de incremento no lixo e de 0´002€ de incremento na rede de sumidoiros. No recibo da auga tamén vai incluída a taxa do canon, que non se incrementa».

O representante do Bloque Nacionalista Galego, Xosé Manuel Fernández, votou na contar xa que «é un mal momento para a subida de impostos e máis esta que parece unha suba moi elevada, suxerindo ademais a busca dalgunha partida nos orzamentos do vindeiro ano para compensar outras subidas».

Pola súa banda Vicente Parra do Partido Socialista Galego «dixo estar a favor sempre que se melloren os servizos, algo para o que están os impostos que hai que equilibralos e subilos a medida que sube o custo da vida, pero o seu voto en contra quedou argumentado pola falta de equilibrio demostren que se pode mellorar e a partir de aí suban os impostos».

O alcalde, Julio Álvarez, argumentou a subida no «gasto en luz para o bombeo da auga que lle supuxo a co concello 12.000 euros máis e o gasoil 19.00. Para que os veciños se fagan unha idea, o bombeo da auga costoulle ás arcas municipais 31.000 euros e, o esforzo que se lles pide é o incremento dun euro mensual de media».

O Concello de Quiroga sube o recibo trimestral do lixo, auga e rede de sumidoiros