viernes. 02.12.2022

Rubiá celebrou o día grande das festas do patrón San Bartolo

A música da charanga animou desde primeira hora da mañá as rúas de Rubiá que celebrou a procesión e a misa solemne a San Bartolomé

Unha salva de bombas de palenque anunciaba a primeira hora deste 24 de agosto que era a festa do patrón San Bartolomé. Levábase dous anos sen festexar por mor da pandemia e agora que xa se pode, San Bartolo volveu a recorrer as rúas de Rubiá.

A charanga animou desde primeiriña hora coa música e logo tamén acompañou o Santo que saíu un pouquiño máis tarde das 12.00 horas rúa abaixo por  San Romao até o Concello, para logo coller pola avenida de Vilafranca onde se fixo parada obrigada no altar que tradicionalmente se coloca nesta rúa e logo volta para a igrexa.

Festas de San Bartolomé en Rubia 2022 (18)
Altar na rúa Vilafranca en Rubiá a San Bartolomé en Rubiá

Os festexos continuarán pola tarde coa actuación da orquestra Los Players en sesión de tarde e noite.

Vídeo da procesión a San Bartolo, en Rubiá

Rubiá celebrou o día grande das festas do patrón San Bartolo