jueves. 28.03.2024
portada

Ano tras ano o Camiño de Inverno toma forma e vaise convertindo nunha sólida realidade. A esto contribúen os Concellos da comarca valdeorresa que vendo nel unha oportunidade de crecemento, apostan por recuperalo, adecentalo e porlle as cousas un pouco máis fáciles aos peregrinos que deciden achegarse a Santiago por esta ruta que continúa o cauce natural do río Sil.

A aposta do Concello de Vilamartín polo Camiño de Inverno pasa pola posta en marcha, en marzo de este novo ano, do albergue municipal que nestes momentos ten clausurado a Consellería de Turismo por carecer dos servizos mínimos necesarios. Así o asegura o seu alcalde, Enrique A. Barreiro, que alude ao 90% de inversión que supón a subvención do GDR para rematar o que falta e poñelo en funcionamento. Dos 60.000 euros que custará a obra, tan só o 10% corresponderá á parte que ten que poñer o Concello para levalo a cabo.

Explica Barreiro que a obra consistirá básicamente, en dotalo “dunha zona de cociña e dunha zona de estar con televisión e sofás, cun espacio acondicionalo”. Ademáis, “nos baños e dormitorios temos que dividir a zona de homes e mulleres, cambiar as ventanas e poñer calefacción en toda a estancia”. A idea do Concello é comenzar a obra no mes de marzo para telo en funcionamento “de cara ao verán, que é cando máis afluencia de peregrinos e visitantes ten esta ruta”.

De novos visitantes tamén fala outro alcalde que aposta polo Camiño de Inverno. Elías Rodríguez, rexidor do Concello de Rubiá, afirma convencido que a ruta “supón un impulso para o turismo de toda a comarca”, e matiza que “estas cousas hai que velas con perspectiva e con distancia, tendo en conta que vai a ir a máis, a moito máis”. Se cadra por eso no 2017, este Concello apostou pola sinalización da ruta voluntaria que guía ao peregrino pola Serra da Enciña da Lastra. Un parque natural que cada ano segue a porse en valor, neste que acaba de rematar, o Concello recuperou un tramo de dous kilómetros da Vía Nova que transcurre polos seus terreos. Un motivo máis para que o peregrino-turista decida continuar a ruta por este tramo.

Obras en pro do Camiño de Inverno