
A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, inicia os traballos para a redacción do Plan Reitor de Usos e Xestión dos tres parques naturais da provincia de Ourense, Baixa Limia Serra do Xurés, O Invernadeiro, Serra de Enciña da Lastra. O Diario Oficial de Galicia publica o contrato para o servizo de asesoramento e apoio na redacción do plan deste parque, así como do Complexo Dunar de Corrubedo e As Lagoas de Carregal e Vixán e o parque natural de Monte Aloia, por un importe global de 240.000 euros.
Tal e como se recolle no prego de contratación, o prazo terá unha duración máxima de 12 meses, dende a súa adxudicación, e o prazo para a presentación de ofertas a este contrato -financiado ao 80% con fondos Feder- é de 15 días a contabilizar dende o día seguinte á súa publicación no DOG.
A Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza de Galicia, establece como instrumentos de planificación dos parques naturais os Plans de Ordenación dos Recursos Naturais (PORN) e os Plans Reitores de Uso e Xestión (PRUX). O concepto dos PRUX establece que nestes documentos se desenvolvan as directrices emanadas dos PORN, establecendo as previsións de actuacións da Administración no ámbito de aplicación dos parques naturais.
Os plans reitores de uso e xestión desenvolven as prescripcións emanadas do Plan de Ordenación dos Recursos Naturais de cada parque e delimitarán as previsións de actuacións da administración no seu ámbito de aplicación, e en particular a investigación, o uso público e a conservación, protección e mellora dos valores naturais.
En relación co paque da Serra da Enciña da Lastra, destaca por ter unha paisaxe mediterránea única en Galicia. Unha aciñeira dálle nome a este espazo natural. A lenda conta que unha árbore desta especie, de grandes dimensións, servía de guía aos viaxeiros que por aquí pasaban noutros tempos. O certo é que cerca do cemiterio de Covas se pode admirar unha aciñeira hoxe recoñecida como árbore senlleira.
Coas súas 3.151,67 ha de superficie, Enciña da Lastra é o máis novo dos seis parques naturais de Galicia, foi declarado en maio de 2002, e é o cuarto en dimensión tras o veciño Invernadeiro (5.722 ha) e superado unhas cen veces pola extensión do Xurés (30.000 ha); os tres na provincia de Ourense.
Así, o futuro PRUX determinará os programas que fagan compatible a protección dos espazos protexidos co uso público e que se desenvolverán en colaboración con outros departamentos administrativos da Xunta.
Tamén se indicarán as medidas necesarias para o mantemento da paisaxe e de conservación de hábitats e especies e os usos públicos e actividades culturais, así como aquelas actividades científicas e monitoraxe para a elaboración de estudos específicos.
Dende a Xunta recoñécese que o Parque Natural de Monte Aloia, un dos dezasete espazos imán recollidos no Plan de promoción e posta en valor do patrimonio natural de Galicia, ten unha gran potencialidade como destino turístico- que debe ser compatible a conservación do medio natural que ofrece este espazo-, o que fai necesaria unha eficiente colaboración entre os diversos axentes da zona para aproveitar as potencialidades como destino cunha importante riqueza natural.
As necesidades de conservación e restauración deberán compatibilizarse cos aproveitamentos tradicionais, cuxo mantemento é fundamental para garantir o desenvolvemento das comunidades que viven neste territorio.
‘CUBRE O TEU PASAPORTE GALICIA NATURAL E ÚNICA’
A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio vén de poñer en marcha o concurso Cubre o teu pasaporte Galicia Natural e única, co que se pretende promocionar o patrimonio natural e cultural da Comunidade galega a través das redes sociales.
O concurso consiste en completar a totalidade de cuños que acrediten que os usuarios visitaron cada un dos sete parques de Galicia (os seis naturais: Fragas do Eume, Monte Aloia, Serra da Enciñ a da Lastra, Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán, Baixa Limia- Serra do Xurés, O Invernadeiro e o Parque Nacional de Illas Atlánticas) e a primeira persoa que envíe a copia do mesmo, será o gañador do paquete turístico Experiencia no Xurés, co que poderá recorrer este zona en biciclera ou a pé, gozar das beiras do río Caldo, unha ruta pola contorna do Embalse de Salas, ou coñecer as aldeas escondidas do Xurés.
Entre os requisitos, ademais do correcto selado, será ser maior de idade e ser seguidor na páxina oficial de Galicia unica e natural de Facebook. Cómpre recordar que Facebook non patrocina, nin administra, nin avala de forma algunha esta promoción. Non está asoaciado de modo algún a Facebook e están libres de toda resposabilidade sobre a conducta e accións dos participantes.