miércoles. 04.06.2025

Emotiva e longa homenaxe a Antonio Castro Voces en Quereño

Máis de dúas horas nas que interviñeron o bispo de Astorga, Jesús Fernández; o seu amigo e membro do CSIC, Isidro García; O presidente do IEV, Aurelio Blanco; a presidenta da asociación veciñal, Alma Rodríguez; o seu sobriño, Brais; e un amigo de Castela.

Quereño recordou onte ao seu veciño ilustre, Antonio Castro Voces, nunha homenaxe na que ademais se lle puxo o seu nome a Casa da Cultura da localidade. Autoridades, amigos, veciños e compañeiros do Instituto estiveron nun acto de loubanza, recordos e amizade.

Os gaiteiros do Grupo Aluveire de Quereño fixeron soar gaitas, tambores e bombo para poñer en marcha un acto que durou un pouco máis do debido, por mor dun vídeo emitido nunha gran pantalla, dunha homenaxe que lle deran en Toledo a Antonio despois de estar 6 meses ingresado.

O primeiro en tomar a palabra, logo da presentación dunha das veciñas de Quereño, que foi dando paso un a un a cada invitado. O primeiro en ser chamado ao atril foi Isidro García Tato.

O investigador do CSIC recordou, coma xa fixera en Radio Valdeorras Onda Cero, a súa amizade co homenaxeado desde o comezo, aquel 29 de abril do ano 1973, en que se disputou o encontro entre os de Sobradelo e os de  Éntoma.

Despois de saudar ás autoridades, entre as que se atopaba o bispo de Astorga amigo persoal do intervinte, Tato non deixou de loar a intelixencia e as gañas de vivir do seu amigo Toño. Despois de 11 anos daquela primeira toma de contacto, resaltou a súa forma física. «Un mozatón forte, atlético, optimista, con ganas de vivir e sobre todo servizal e, sempre presto a comunicarlle aos demais a sabedoría que nun tempo, relativamente curto, acadara», pasou a recordar a súa familia e aos amigos que o axudaron durante este tempo.

somoscomarca_20240824_quereño_homenaje_antoniocastrovoces (8)
A Casa da cultura encheuse de veciños que quixeron estar neste evento especial para eles

Os encontros con Castro Voces, a súa «capacidade intelectual superior» que lle facía organizar charlas, semanas de historia, manifestos culturais nos medios de comunicación, os premios acadados como o Tertuliano Hervella ou os «rigurosos e documentados estudos históricos»,  foron vindo á memoria de García Tato evocando ao seu amigo.

Aurelio Blanco Trincado, presidente do Instituto de Estudios Valdeorreses, despois de dar as grazas por pensar nel e na institución que preside, sinalou que o homenaxeado foi a «alma mater» do IEV e que «grazas a el e a outros compañeiros de directiva» puideron «haber llegado al 45 aniversario de una entidad cultural que ha sido y sigue siendo un referente autonómico,

Sinalou a importancia do legado que deixa xa que «sus libros siguen siendo fuente y guía» de traballos para estudantes e historiadores coma el. Agradeceulle a súa entrega ao IEV e por «darnos tantos ánimos sin los cuales posiblemente no hubiésemos seguido»

Un amigo de Antonio vido de Terras de Castela louvouno como persoa e foi quen trouxo aos asistentes a homenaxe que lle fixeron no hospital de  parapléxicos de Toledo cando saíu despois de 6 meses. Un documento visual e sonoro «Lección de humanidad de vida» que se alongou demasiado no tempo —máis de 90 minutos— e que fixo que os demais intervintes tiveran que acurtar os seus discursos.

Alma Rodríguez, presidenta de la Asociación Aluveire de Quereño, rememorou o carácter festeiro de Toño, ao que lle gostaban os «carnavales» e todo o que fora divertido. Vivenzas persoais dun veciño que levaba a alegría onde ía, que o mesmo resolvía problemas da comunidade ou organizaba xornadas micolóxica, e  que Alma subliñou con anécdotas.

O bispo de Astorga Jesús Fernández González, agradeceu a invitación e pese a non coñecelo en profundidade manifestou que o escoitado —máis de dúas horas pasaron ata a súa intervención— lle permitía destacar que:«Es imposible no sentir simpatía y cariño hacia su persona».

Asemade sostivo que lle estranaba o feito de que:«En pocas personas he encontrado tanta unanimidad a la hora de alabarle, en lo que han hecho. No es fácil encontar una persona que todo el mundo hable así de ella».

Pola súa banda o seu sobriño Brais mostrou outra faceta de Toñín —así se conocía a Castro Voces en Quereño— e era que non lle gustaban este tipo de actos:«No le gustaba que le conocieran y alabaran sus aportaciones a la sociedad y a la cultura». Acto seguido recoñeceu que nese punto estaba en desacordo co se tío xa que «se merecía esto y mucho más, especialmente aquí en su pueblo, en su casa».

Destacou  a mente privilexiada do Antonio, a súa capacidade de traballo a súa relación coa familia, a súa positividade. Mostrou a parte máis intima do homenaxeado e fíxoo con cariño e respecto. Podo dicir sen temor a equivocarme que Toñín, era unha persoa a que Brais quería e admiraba ao igual que todos os que alí estabamos.

A homenaxe rematou cuns petiscos na «pista» ao carón da Casa da Cultura que desde onte leva o nome do quereñés —xentilicio co que a Toño se lle enchía a boca— máis ilustre, o de Antonio castro Voces.

Emotiva e longa homenaxe a Antonio Castro Voces en Quereño