martes. 03.06.2025

Isidro García Tato: «A primeira impresión que me causou Toño foi dunha persoa intelixente»

O historiador recorda ao seu amigo Antonio Castro Voces con motivo da homenaxe que se realizará en Quereño este 24 de agosto
somoscomarca_240517_casagrande_homenaje_castrovoces_isidrogarcia_aureliblanco (3)
Isidro García Tato: «A primeira impresión que me causou Toño foi dunha persoa intelixente»

Para coñecer a historia de amizade entre Antonio Castro Voces e Isidro García Tato hai que remontarse até o 29 de abril do ano 1973. Ese día disputábase un encontro entre Mercenarios e Éntoma —equipo que se mantiña invicto». Segundo relata Isidro, eran «catro de Quereño, un de Puente e outro de Vila de Quinta. Ademais de cinco de Sobradelo, un cura que non era cura e un xitano». 

A súa primeira impresión cando viu a Castro Voces foi dunha «persoa intelixente, era un portento físico e con moitas ganas de vivir». Nese mesmo ano, Isidro marchaba estudar a Alemaña e volvía 11 anos despois. Cando regresou a Valdeorras «vin a Toño na cadeira de rodas, vino ben, pero tiven que disimular para que non se me soltaran as lágrimas». 

Despois deste encontro, «púxenme as súas ordes», momento no que Isidro estaba dando os seus primeiros pasos no mundo da historia. Castro Voces estaba involucrado no Instituto de Estudios Valdeorreses (IEV) na sección de historia e arqueoloxía, alí mantívose durante 16 anos. No ano 1998 o IEV concedíalle a Toño máximo galardón da institución. Tratábase do Valdeorrés Ilustre. 

Isidro recoñece que se sinte moi agradecido de participar na homenaxe do 24 de agosto, ás 20:00, na que foron os propios veciños dos que «partiu a iniciativa». Agora, o historiador mantense ocupado nunha nova homenaxe que se lle está a facer ao veciño de Quereño, publicar o seu libro. «Estou moi orgulloso e agradecido por facer esta labor». 

Isidro García Tato: «A primeira impresión que me causou Toño foi dunha persoa intelixente»