domingo. 01.06.2025

A obra magna de Toño Castro Voces será publicada polo Concello do Barco

O alcalde, Alfredo García, comprometíase na proclamación como Valdeorrés Ilustre do historiador falecido en xaneiro. Isidro García Tato será o encargado de revisar Valdeorras pueblo a pueblo

somoscomarca_240517_casagrande_homenaje_castrovoces_isidrogarcia_aureliblanco (2)

Emoción, respecto e historia poderían ser as verbas que definisen o vivido na proclamación como Valdeorrés Ilustre de Antonio "Toño" Castro Voces, historiador e membro de mérito do Instituto de Estudos Valdeorres, que falecía o pasado mes de xaneiro. Autoridades, amigos e familiares non perderon este acto, que encheu o salón de actos da Casa Grande de Viloira

somoscomarca_240517_casagrande_homenaje_castrovoces_isidrogarcia_aureliblanco (1)
A sala da Casa Grande de Viloira chea de persoas que acudiron a esta homenaxe

Foi o sobriño do homenaxeado, Brais Guitián, quen recibiu o diploma acreditativo en nome e representación do seu tío. Esta entrega pechaba o acto dun xeito emotivo, no que Guitián dedicou unhas palabras entre bágoas e mirando ao ceo. «Él diría que no hacía falta todo esto por él, pero merecía esto y más. Estaba siempre dispuesto a ayudar a cualquier persona, tenía siempre un sí. Era humilde».

O momento de máis emoción, ao falar da súa familia e dos seus avós «que siempre estuvieron para sacarlo adelante, apoyándolo sin ninguna excusa». Pechaba a súa intervención cun agradecemento «a todos los que estáis aquí y al Instituto de Estudios Valdeorreses, donde hay tantos amigos de mi tío, por este homenaje». 

«Eu farei a revisión de Valdeorras pueblo a pueblo gratis»

Isidro García Tato, investigador do CSIC e amigo persoal de Toño Castro Voces, fixo unha presentación maxistral facendo un repaso pola vida do homenaxeado, repasando tamén as súas publicacións e investigacións. «Grazas a el o Instituto de Estudos Valdeorreses tivo unha época de ouro. Valdeorras e Galicia teñen unha débeda impagable contigo», expresaba mirando ao ceo. 

somoscomarca_240517_casagrande_homenaje_castrovoces_isidrogarcia_aureliblanco (3)
Isidro García Tato foi o encargado de falar da vida e a obra de Castro Voces presente a través dunha fotografia

Lembraba con agarimo diferentes momentos compartidos con Toño Castro Voces, «como o gusto polo fútbol e as reflexións que mantiñamos sobre temas como, por exemplo, a morte». Amigos dende hai 51 anos, Isidro García destacaba un xantar celebrado polos 50 anos dun partido icónico para eles, en Sobradelo. «Malia que Toño non era o mesmo de antes tralo seu accidente, fixemos un folleto coa historia de Sobradelo e de Éntoma, con fotografías». 

Cando chegou o momento de falar da súa obra magna que nunca se chegou a publicar, Valdeorras pueblo a pueblo, o investigador do CSIC expresou a súa intención de facer «a revisión da obra gratis, só para devolverlle todo o que el deu pola comarca». Unha composición densa na que Castro Voces recorreu «cada pobo dos 171 da comarca, incluso os sete desaparecidos». 

somoscomarca_240517_casagrande_homenaje_castrovoces_isidrogarcia_aureliblanco (4)
 Isidro García, Aurelio Blanco e José Antonio Blanco

Alfredo García, alcalde do Barco e sentado no público neste acto, comprometeuse a «publicar a obra unha vez estea rematada a revisión». Seguiron a este anuncio moreas de aplausos e verbas de emoción. Por fin sairá á luz este compendio, neste caso, de xeito póstumo

A obra magna de Toño Castro Voces será publicada polo Concello do Barco