viernes. 29.03.2024
portada

Mobilizáronse 1 técnico, 14 axentes, 27 brigadas, 14 motobombas, 5 helicópteros e 11 avións.

Quedou extinguido ás 20:24 horas, deste domingo 19 de xullo, o lume rexistrado no concello ourensán de Rubiá, parroquia de Pardollán o pasado venres. Segundo as últimas estimacións, afectou unha superficie de 41,35 hectáreas, das cales 30 son arboradas e o resto monte raso. Para a súa extinción mobilizáronse 1 técnico, 14 axentes, 27 brigadas, 14 motobombas, 5 helicópteros e 11 avións.



O incendio declarábase o venres, 17 de julio, ás 13:05 horas na parroquia de Pardollán —concello de Rubiá— as altas temperaturas que superaron os 35º nas horas centrais do día e a seca dos últimos días fixo que a súa extinción tardara máis de dous días. O parque natural da Serra da Enciña da Lastra veuse afectado por este lume, nestes intres non hai datos da superficie que ardeu dentro do parque.



A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Extinguido o incendio de Rubiá que afectou 41,35 hectáreas