Sen dúbida o momento máis emotivo dunha xornada de recordos e vivencias chegou case que o final da xuntanza, cando se entregou a placa conmemorativa a título póstumo a Pepe «Pirucho», a un máis que emocionado Manolo «Rabia». Entre bagoas e orgullo recolleu a placa aprestándoa contra o seu peito como si se tratase do seu benquerido amigo e dándolle un bico.

O outro homenaxe foi para «Polito», Andrés Fernández, primeiro adestrador do equipo de fútbol do Rubiá, quen sinalou: «Síntome moi orgulloso de haber sido o primeiro entrenador e fundador do Rubiá. Recordo para todos os meus compañeiros xa falecidos, todos algo; o máximo que puidemos».

Unha comida arroupada polas fotos que marcaron a vida deste club e as camisetas penduradas cos seus patrocinadores dos distintos anos presidindo o ágape. Nela, de seguro non faltaron os recordos, as xogadas no campo local dos Ladrillos, as viaxes aos distintos lugares da provincia onde tiñan competición, pero sobre todo as ganas de verse.

«Para nos significa unha ledicia, un recordo, uns sentimentos, unha felicidade, unha cousa que tiñamos daquela que era xogar», di Barba cos puñas axitados e un sorriso que so se pode explicar véndollo». Lembranzas que non deixaron de correr polas mesas, no campo e mentres montaban a carpa.

Moitas fotos e unha camiseta moi especial cunha fotografía da tempada 90/91 —primeira época— pola parte traseira e na dianteira outra feita dez anos despois que sirve para recordar os nomes dos que xogaron nas dúas «épocas que marcaron o club, cando desapareceu e cando volveu», aclara Peixe.
Un equipo no que as mulleres tiveron moita importancia
No 1979 federáronse como equipo, segundo explica Fernando López «Barba», un dos organizadores que xunto a Roberto Prada «Petete» ou «Chombo», Jacobo Fernández «Boto» e os irmáns Guitián Sarría, Sergio «Peixe» e Sabino —este é o único que non ten alcume por ter un nome «raro»—. Chegaron a ter máis de 200 socios e xogar en segunda rexional.

As mulleres foron unha parte importantísima para o Rubiá, primeiro como seguidoras incondicionais, máis tarde por ser o primeiro club que meteu a dúas mulleres na directiva. «Houbo unha muller na directiva que era Pepita. Nin era nin presidenta a muller de Ruiz Mateos no Vallecano e nos xa tiñamos unha chica na directiva», pon de relevo Barba. «Tiñamos un equipo feminino e xogabamos de vez en cando», recalca Peixe.

Entre os clubs máis recordados está o Trives, sen dúbida pola rivalidade que había entre ambos equipos e tamén un gran cariño. «Tiñamos que facer unha reunión conxunta entre os dous», apunta Fernando.
Torneo previo co xogador máis veterano, Serafín
Había que facerlle ganas ao xantar e que mellor que un pequeno torneo onde xogaron de persoas de todas as idades desde rapaciños ao máis, máis veterano Serafín Franco. Con 77 anos estivo adestrando máis de dous meses, dous días a semana, para estar en forma para os partidos.

A Serafín non só lle gusta o fútbol, tamén o fútbol sala e o atletismo do cal foi presidente e dos tres socio fundador. Xogou como federado dous anos no Rubiá pero tamén estivo no Barco e «en moitos sitios». Durante a conversa —podes vela no vídeo— resalta que: «Antes era pura afición».

O remate do torneo catro caixas de bombóns para os catro equipos participantes, porque como din os organizadores, «non se trata de gañar, isto é unha xuntanza entre amigos. Non hai vencedores nin vencidos».
