jueves. 28.09.2023

Nin misa, nin artesáns, nin comida popular no Poulo do Couso pero si en Biobra. Estaba todo preparado no Poulo do Couso para revivir a romaría  que desde 2003 deixara de facerse no lugar, pero a tormenta non o permitiu. Os artesáns, a música e a comida trasladouse ao polideportivo de Biobra para asegurarse que a tormenta non desfixera a festa. 

No Poulo do Couso facíase a romaría e en Vilar de Silva a misa do Pai Eterno porque en Biobra non había a imaxe, esta estaba na aldea veciña. Desde o 30 de maio de 1988 Biobra ten a súa propia imaxe obra do artista valdeorrés Cochorro, feita por encargo do pueblo tal como reza aos seus pés, «propiedad del pueblo de Biobra», dixo Rosa unha veciña que asistía á misa.

somoscomarca_biobra_romeria_padreeterno_2023 (12)
Rosa xunto a imaxe de Cochorro

Conta Rosa que «Biobra non tiña a figura do Padre Eterno, nos faciamos unha romaría no lugar coñecido como o Poulo do Couso. Pero, como Biobra non tiña a imaxe e Vilar de Silva si, o que se facía era ir á misa a Vilar de Silva e despois os pueblos iamos ao Poulo do Couso ao baile da orquestra e a comer».

somoscomarca_biobra_romeria_padreeterno_2023 (13)

Iamos as familias, soliase xuntar máis xente que na casa e levabamos a merenda. Era un acto moi bonito porque non só estabamos os de Biobra tamén ían os do Castelo, os de Vilar de Silva, Os de Cobas; era como o centro de reunión de todos os veciños da zona, e así pasabamos o día do Padre Eterno», recorda Rosa.

somoscomarca_biobra_romeria_padreeterno_2023 (24)
Tres das organizadoras

 «Había moi boa relación entre os pueblos, moi boa veciñanza entre todos. Todos nos coñeciamos, comiamos e logo bailabamos», apunta.

Do Poulo a Biobra

Tanto a misa, como a comida popular, como a feira de artesanía trasladouse a Biobra. A primeira fíxose na igrexa e as dúas seguintes no pavillón polideportivo.

8c268c3f-2e83-409a-b5f9-8d5aa9f1e532
Comida popular en Biobra

Sete artesáns da comarca ofreceron os seus produtos: Spoombini, Licores Barbudos, El Desván de calcetines, Trastos, Amizade, Asociacion de veciños O Regueiral e Artesanía Enxebre...

somoscomarca_biobra_romeria_padreeterno_2023 (14)
Spoombini e Licores Barbudos dous dos postos de artesanía da festa

Tras a sesión vermú comezou o xantar popular e logo baile. Non puido ser no Poulo do Couso pero finalmente Biobra festexou o Padre Eterno.

somoscomarca_biobra_romeria_padreeterno_2023 (21)

Biobra non puido retomar a celebración do «Padre Eterno» no Poulo do Couso