viernes. 19.04.2024

O Mercadiño do Nadal Petín abriu as súas portas este sábado 11 de novembro e pechará mañá domingo. Dous días nos que, os que se acheguen ao Teleclub de Petín, poderán mercar unha grande variedade de artigos. Un circuíto seguro que comeza coa toma de temperatura , antes de entrar no Teleclub onde está o Belén de Chavito e logo na zona cuberta os 18 postos de artesanía, doces, roupa, segunda man, libros...

Artesanía en madeira en Spoombini. Ademais de mercar un bolígrafo personalizado en madeira poderás ver como se fai.  Christian Pombo amosa como realiza en madeira natural e con ferramentas manuais unha chea de artigos.

Zainab ofrece doces árabes feitos con queixo, pastas  ou tartas. No posto de Asfaval macetas de chuches, chaveiros ,tarros de bombóns... Mencía Yano a escritora petinesa firma o seu último libro Pintando en Nueva York e tamén os ten a venda para agasallo de Nadal.

Isabel ten artesanía e roupa e bonecas feitas a man. Antiguedades Marisé mobles e obxectos para restaurar. Pili, Mili e Nazaret  ofrecen aos visitantes  roupa e bixutería. No de Mel do Tío Miguel a mel é a protagonista e no de David Nogueira «cousas moi baratas». Tere Coxita ten libros, bolso e libros de segunda man.

O Rúa Valdeorras  Femenino FS ofrece chocolate e doces para opter financiación para os desprazamentos. Mariposa Azul, El Baúl de Aldara, El Desván de Calcetines, Raices Cosmi e As Miñas Cousiñas, ofrecen ao visitante artesanía  de diverso tipo.

Se queres ver o que nos contaron sobre os seus produtos, no seguinte vídeo tes os detalles:

 

 

Petín estrea Mercadiño do Nadal