sábado. 20.04.2024

O día no que se conmemora a Santa Ana é un dos máis celebrados polos petineses, atrás quedaron tres dos catro días de festa e troula e hoxe é o día que a celebran os veciños. Así valoraba a alcaldesa, Raquel María Bautista, estas festas patronais facendo alusión este día.  «Moi ben, rematando xa. Moita xente e éxito absoluto», dicía. «Sempre dicimos que o último día, o día de Santa Ana, porque loxicamente a xente traballa e os que quedamos somos os do pueblo que estamos de festa», engadía.

Festas de Santa Ana en Petín (15)
Montse, que atende o Bar Coxita, tirando unha caña

Como ben ,mencionaba a alcaldesa o día en que a festa é para os veciños «aínda que tamén ven xente de fora» comezou cunha alborada e pasarrúas por todos os barrios coa Charanga CLK que tamén amenizou a sesión vermú, imprescindible neste día.

Os máis relixiosos acompañaron á Santa, en procesión, polas rúas do Petín con máis historia, mentres cos outros preferiron outras capelas que nada teñen que ver coa igrexa. Rematada a misa todos se congregaron na praza e logo acada quen para súa casa a comer as sobras do Santiago ou comida un pouco máis lixeira para «desengraxar» da festa. Pola tarde e noite  a actuación da orquestra Miramar.

Festas de Santa Ana en Petín (8)
O senador e anterior alcalde, Miguel Bautista, non perdoou a sesión vermú

Preguntadas ás persoas que se atopaban na Praza este 26 de xullo a opinión que lle merecían as festas, case todos coincidiron en que había moitas ganas despois de tres anos sen elas e, o mellor, o arrinque da festa coa actuación da Sonora Petinesa.

Festas de Santa Ana en Petín (4)
Un grupo de veciños levantan as súas copas a hora de inmortalizar o momento

Na seguinte ligazón deixámosvos a opinión de Miguel, Fernando, Telé, Natalia, Sara, Ángeles, Quico, Pedro e moitos outros que quixeron deixar o seu parecer, incluída a alcaldesa:

 

Petín despide a Festa do Santiago con festivo local a Santa Ana