sábado. 20.04.2024
Juanón na Feira de 1812 , no 2019
Juanón, «unha gran persoa, un gran amigo»

Ese era el , o Juanón, a alma da plaza, un petinés de libro. Gustáballe convidar a todo mundo a un grolo na súa casa e, sempre estaba disposto para a festa, aínda que cos anos, como todo, iso tamén foi indo a menos.

Juanón, na Plaza de Petín, no Santiago.
Juanón, na Plaza de Petín, no Santiago.

A entrada do poboado tiña a súa pequena casa, no que no seu día fora o forno onde a súa nai cocía o pan, na que  todo o mundo era benvido. Un cacho de pan, un pouco chourizo e un grolo de viño, se cadra tamén unha copiña de licor café e, sobre todo, unha parola.

Juanon na Festa da Freba de 2019
Juanon na Festa da Freba de 2019

«Onde vas pichón?» Preguntábache cando te cruzabas con el ou pasabas por diante da súa casa.

Sentábase na porta, no inverno na parte sur onde tiña a horta e no verán na cara norte que daba para a praza diante da igrexa, na Carreira. Preguntábache polos teus e polo teu, pero non para querer saber, se non para compartilo contigo.

Na exposición Marco Petin de 2021

Foron moitas as «juergas» que correu. Gustábanlle as merendas cos amigos, coma bo petinés que era. De trato amable e sempre cunha boa palabra. Picón, tamén; esa é a esencia do petinés.

Juanón co seu vaso de viño na man
Juanón co seu vaso de viño na man no magosto

Foise a bailar coa súa Lola, a parella con quen compartiu a vida cando esta era serea, como o seu partir.

portada
Con Tere, Miguel e Chavito cando foi pregoeiro da Feira de 1812, no 2017

Mañá recibirá sepultura  no cemiterio de Petín. O funeral ás seis da tarde na igrexa de Santiago Apóstolo ao pé da súa casa.

Cena Feira 1812, Petín 2022 (16)
Juanón con Fidel na cena da Feira 1812, deste ano

Juanón, «unha gran persoa, un gran amigo».

Juanón, «unha gran persoa, un gran amigo»